WordPress en Galego

ESTA PÁXINA ESTÁ OBSOLETA E SÓ SE MANTÉN AQUÍ POR CUESTIÓNS HISTÓRICAS. TODA A INFORMACIÓN SOBRE WordPress EN GALEGO ESTÁ AGORA EN http://gl.wordpress.org

REPOSITORIO PARA A DESCARGA DE TODOS OS ARQUIVOS DE TRADUCCIÓN DE WORDPRESS EN GALEGO


Xa está dispoñible o arquivo de traducción para os que queiran as mensaxes internas (os estilo visuais, precisan de momento editar os arquivos un a un, salvo o default e classic do paquete completo de abaixo) na nosa língua.

Arquivos de traducción de WP en Galego

Para suxerencias, correccións, ou calquera outra cousa, xa sabedes.

Adicionalmente, poño aqui para descargar o paquete WordPress na súa versión 2.0.2 integramente traducido ó galego (incluindo ademáis as correccións de seguridade sinaladas por Manuel M. Almeida en Mangas Verdes). Tamén se poden aproveitar os temas e os arquivos de axuda.

WordPress 2.0.2 en Galego

Tanto a interface externa, coma as mensaxes internas probablemente terán erros, así que agradecería calquera correo con correccións. Esta NON é unha traducción oficial, é a traducción dun usuario que, sen saber moi ben porqué, empezou con WordPress hai moito tempo… e agora quere fomentar o uso do mesmo na nosa terra.

Os arquivos terán sempre o mesmo nome (por uniformidade) pero sinalarei aquí a data de actualización dos mesmos.

ACTUALIZADO Oitava revisión da 2.7: 27 de Xaneiro do 2008.

Tamén están dispoñibles o Arquivo de traducción de WordPress 2.0.3 en galego, e da versión 2.0.2, e tamén a 1.5.

Finalmente, agradézolles a Nubeiro e a Spaviladiyo a colaboración no proceso de traducción, a Mónica polas correccións lingüisticas e a Miguel Ángel e Nautile, que detectaron (por separado pero ó mesmo tempo) un erro no arquivo 2.0.4. Para a versión 2.2 quixera agradecer o fantástico traballo realizado por Tagen Ata, que levaron a cabo todo o proceso de revisión e polo que todos os usuarios de WP estaremos sempre agradecidos. Grazas tamén a Leco que aportou correccións a certas palabras. A versión 2.3.2 é obra de Eduardo Vázquez, un crack!

A versión 2.7 levouse a cabo grazas ó traballo feito para WordPress dende egalego.com, tamén subida ó repositorio oficial wordpress.org.

12 Comments Feed de comentarios

  1. A dorfunteca » Blog Archive » WordPress 2.0 en Galego (3 Febreiro, 2006, 19:06).

    [...] Cambio esta anotacin, pxina WordPress 2.0 en Galego, porque mis coerente e as non interfire nas anotacins da bitcora. [...]

  2. lantania » Off Topic: WP en galego (18 Marzo, 2006, 16:26).

    [...] Dorfun, gracias pola insistencia en galeguizar o meu wordpress, a nugalla era superior ao desexo :-) Para os que usen versións vella como a miña do WP, indicar que ao mellor no directorio onde teñades instalado o WP non existe o cartafol languages do que fala Dorfun, pero creando a man vale tamén. [...]

  3. A dorfunteca » Blog Archive » Avisar e rastrexar (5 Maio, 2006, 15:38).

    [...] Na traduccin do WP, permitinme traducir trackbacks por rastros, e pingbacks por avisos. [...]

  4. A dorfunteca » Anotacións da Bitácora » Se queres a ltima versin de WordPress… (23 Maio, 2006, 12:36).

    [...] WordPress 2.0.2 en Galego 25 mAZARocas [...]

  5. Recursos informáticos para galegofalantes - Xaime (8 Setembro, 2006, 15:03).

    [...] Hai moitas máis cousas en galego ahí fora, algunhas moi útiles e actuais e outras non tanto. Bótase en falta un portal da administración galega específico sobre estos temas e un diccionario de galego máis completo. [...]

  6. Opaco » Blog Archive » Going mobile (15 Outubro, 2006, 17:44).

    [...] E para dar exemplo, e tal que é ben fácil engadir accesibilidade móbil a calquera páxina montada sobre o WordPress, veño de engadir unha nova extensión, a WordPress PDA que, só con detectar o navegador que utiliza a PDA ou o telemóvel, carga unha plantilla, e que se pode editar, máis alixeirada. O resultado é moi bo visto desde a rúa, xa que non dá traballiño ningún e é fácil de personalizar, como tamén fai a quizais menos vistosa extensión wp mobile. [...]

  7. Walter Alonso Fernández (30 Maio, 2007, 20:00).

    Alégrome moito de encontrar cousiñas como estas. A verdade cada día aprendo cousas novas a este linux de microsoft, jaja. Gracias por expor este avance.

    http://ocioloxia.wordpress.com

  8. dorfun (31 Maio, 2007, 5:55).

    …grazas a ti, que que te apuntas á comunidade… benvido!!! :em47:

  9. scar (10 Xullo, 2007, 19:47).

    Ola,

    Estou un pouco perdido :-) Veo de instalar o WP 2.2.1 en ingls, descarguei tamn o gl_ES.mo que est enlazado nesta pxina e instaleino, pero tdalas mensaxes da veb (as que len os visitantes) seguen a aparecer en ingls, ags as datas, eso s. Algn consello acerca do que teo que facer para que esas mensaxes (This entry was posted on Martes, Xullo 10th, 2007 at 10:40 am, etc.) aparezan en galego?

    Gracias!

  10. dorfun (10 Xullo, 2007, 21:21).

    Ola scar,

    O arquivo de traduccin que descargaches S traduce o panel de administracin e algunha mensaxe particular dos Estilos Visuais como as datas, que ti mesmo comprobaches.

    A traduccin dos Temas ou Estilos Visuais moito mis complicada porque non son uniformes nas mensaxes e ademis hai centos deles. Para traducilos podes ou ben ir editando os arquivos un a un como fago eu, ou buscar un tema que incorpore un arquivo que permita traducir (un .po e un .mo como os desta traduccin que descargaches)

    Ainda as, o tema por defecto (Kubrik), est traducido no paquete que ves mis arriba coa versin 2.0.2 ainda que non podo garantir que ese tema funcione coas versins 2.2.x

    Un saudo… e agardo que che aclarase as cousas.

  11. scar (11 Xullo, 2007, 6:45).

    Moitas gracias Dorfun. Vale, agora caio; unha cousa o panel de administracin e outra o que ve o visitante da web. Bueno, pois mirarei de traducir os arquivos desta versin galego… Pero qudome cun medo: se traduzo todo… se actualizo o wordpress cando saia a prxima versin volver aparecer todo en ingls? Eso sera horroroso.

    Xa poda haber un arquivo aparte para o idioma… facilitara moito as cousas.

    Gracias de novo e unha aperta.

  12. dorfun (11 Xullo, 2007, 19:17).

    Depende como actualices o WordPress. Nas ltimas versins, fixeron cambios no ncleo introducindo os widgets, por exemplo, de xeito que tamn o tema vara algo.

    S deberas fixarte se nos cambios da actualizacin, algo afecta tema, e despois obviamente, ter coidado de non “machacar” o tema (que est no cartafol /wp-content/themes/…) cos arquivos da nova versin.

    Se utilizas un tema distinto de kubrik e o clsico (que son os dous temas que trae WP por defecto) non deberas preocuparte… e se s utilizas un deles, ter coidado de non sobreescribilo coa nova versin.

    Lamentablemente non pode “uniformizarse” unha traduccin para os temas, porque cada un pode adaptalo que lle pete, e pode ter seccins, apartados, categoras,… con miles de nomes distintos… tantos coma temas poderan existir. O nico comn e por iso a traduccin as, o panel de administracin.

    …para calquera cousa, xa sabes… :em66:

Add a Comment

Creative Commons License http://www.adorfunteca.org is licensed by dorfun under a Creative Commons Attribution-Noncommercial-Share Alike 3.0 United States License.