Posts Tagged “utilidades”

Tres usos de twitter que igual tamén che son útiles

026th Nov 2010avidablog, Xeral, , , ,

  1. Enviarme mensaxes directas por email. En ocasión preciso enviarme  un recordatorio, unha ligazón, un aviso, etc. que non precisa de acción inmediata. Para iso, utilizo a mensaxería directa de twitter que ademais de intercambiar mensaxes cos nosos contactos permite enviarnos mensaxes a nós mesmos e que chegan tamén polo email tradicional. A combinación posterior con filtros e outras ferramentas facilita a organización desas mensaxes.
  2. Marcar ligazóns ou mensaxes para ler con calma. Outras veces algún dos contactos deixa algunha mensaxe na que me interesa profundizar ou acceder a unha ligazón de interese pero non dispoño de tempo para facelo no momento. Polo que só as marco como favoritas no cliente de twitter para despois revisar con máis calma e eliminalas posteriormente. Funciona como unha especie de marcador temporal de mensaxes.
  3. Listas de contactos que non sigues. Tras a incorporación de listas de contactos no twitter presentouse unha posibilidade interesante: engadir contactos a  unha lista pero non seguir aos membros realmente. Isto permite ter grupos de xente que non queres ter na túa liña de tempo, pero que de vez en cando che gusta ler ou revisar o que di. Sen ánimo de ofender e como exemplo, eu teño algunhas baixo o nome de fasmechiste ou autistas, por exemplo.

Marchando unha de suxerencias… oia!

123rd Xuñ 2006, , Ceros e Uns, galEgo, Xeral, , , , ,

Fedellando, o outro día, algúns preguntaban por aplicacións e programas gratuitos (ou libres) para usar baixo windows… alternativas ós programas comerciais que todo o mundo coñece… este é o listado que normalmente uso…

Para editar e ler arquivos e documentos ofimáticos:

    OpenOffice (a estrela das aplicacións de oficina)
    FoxIt (a alternativa lixeira e rápida ó Adobe Reader)
    GhostScript (a ferramenta dura, pero completa para a edición de documentos para presentación e/ou impresión)

Para a captura, xestión e edición de imaxes:

    XnView (o visor e editor básico para os centos de tipos de imaxes que circulan por aí)
    Gimp (a competencia directa e efectiva ó PhotoShop)
    Cam2Pc (unha alternativa ós xestores de imaxes da cámara dixital)

Para a xestión de arquivos musicais:

    CDEx (para pasar arquivos de audio a formato comprimido [a alternativa galega CD'n'Go... lamentablemente desapareceu])
    Winamp (o reproductor de audio por excelencia)
    Audacity (un editor de audio bastante completo… o compañeiro do podcaster)
    CDCoverXP (para poñer carátulas ós teus discos)
    Catalogador (para manter en orden a tua colección de arquivos dixitais ou non, música, películas,…)

Para a compresión de descompresión de arquivos:

    7-Zip (imprescindible para manexar todo tipo de arquivo comprimido)

Para reproducir e comprimir arquivos de video:

    AutoGK (o xeito máis sinxelo e cómodo de crear arquivos XVid ou DivX… podendose complementar co extractor de DVDs DVD Decrypter)
    Pocket DivX Encoder (unha variante do anterior para reducir o tamaño da resolución dos arquivos)
    BSPlayer (hasta fai pouco o mellor reproductor de video… pero meteu un programa de publicidade nas últimas versións…)
    AVS Media (un reproductor de DVDs… nun terreo no que hai pouca competencia [MicroDVDPlayer])
    XPCodecPack (un paquete coa maior parte dos decodificadores de audio e video existentes)

Para grabar e copiar CDs ou DVDs:

Para os dichosos virus e outro software malicioso:

    Avast (un antivirus gratuito con actualizacións automáticas diarias)
    SpyBot S&D (un busca espías, troianos, e resto de software dañino)
    Ad-aware (limpeza de programas espías ó mesmo estilo que o anterior)
    A2Free (unha terceira variante)

Para usar en internet:

    Gaim (cliente de mensaxería instantánea multiplataforma)
    e por suposto Mozilla Thunderbird, Firefox,…

…obviamente alguén terá algunha alternativa que suxerir…