Posts Tagged “twitter”

Os meus avatares no twitter (vol. 2)

024th Out 2011avidablog, Ceros e Uns, eSementes, galEgo, Imaxines, Xeral, , ,

Continuando o artigo Os meus avatares no twitter, aquí van os 9×9 avatares que cambiei, semanalmente, durante estes últimos meses.

…está a tamaño “orixinal” quitando o .mini do nome, por se alguén os quere.

 

Tres usos de twitter que igual tamén che son útiles

026th Nov 2010avidablog, Xeral, , , ,

  1. Enviarme mensaxes directas por email. En ocasión preciso enviarme  un recordatorio, unha ligazón, un aviso, etc. que non precisa de acción inmediata. Para iso, utilizo a mensaxería directa de twitter que ademais de intercambiar mensaxes cos nosos contactos permite enviarnos mensaxes a nós mesmos e que chegan tamén polo email tradicional. A combinación posterior con filtros e outras ferramentas facilita a organización desas mensaxes.
  2. Marcar ligazóns ou mensaxes para ler con calma. Outras veces algún dos contactos deixa algunha mensaxe na que me interesa profundizar ou acceder a unha ligazón de interese pero non dispoño de tempo para facelo no momento. Polo que só as marco como favoritas no cliente de twitter para despois revisar con máis calma e eliminalas posteriormente. Funciona como unha especie de marcador temporal de mensaxes.
  3. Listas de contactos que non sigues. Tras a incorporación de listas de contactos no twitter presentouse unha posibilidade interesante: engadir contactos a  unha lista pero non seguir aos membros realmente. Isto permite ter grupos de xente que non queres ter na túa liña de tempo, pero que de vez en cando che gusta ler ou revisar o que di. Sen ánimo de ofender e como exemplo, eu teño algunhas baixo o nome de fasmechiste ou autistas, por exemplo.

Os meus avatares no twitter

13rd Xul 2010avidablog, Ceros e Uns, Imaxines, Xeral, , ,

Saberedes que acostumo a cambiar o meu avatar no twitter cada semana, outra desas argalladas que tanto me gustan.

Como estas cousas acaban sendo perecedeiras, vou ir poñendo aquí todas as (creo!) imaxes usadas até o momento, por se alguén quere coller algunha ou eu teño que recuperala nalgún momento.