Posts Tagged “internet”

Por unha universidade libre e aberta… pero de verdade

029th Abr 2009avidablog, Ceros e Uns, Ciberlingua, Imaxines, Xeral, , , , ,

Eu estou convencido de que os xeitos de aprendizaxe nos próximos anos cambiarán. Non por parte das entidades xa establecidas, que obviamente tratarán de manter a estructura endogámica e pechada que levan defendendo séculos, senón porque a sociedade demandará outro tipo de formación.

Nese sentido, eu avogo por un ensino aberto, libre e sobre todo, de calidade. O único xeito neste momento de ofrecer algo así é a organización colectiva na rede. As ferramentas de ensino en liña, ben utilizadas, están xa o suficientemente desenvoltas como para poder xestionar completamente un contido educativo completo.

Agora só fai falla poñer dacordo aos especialistas no seu campo, para que aposten por defender as súas aulas fora do encorsetado programa académico tradicional. Se mañán abren unha universidade na que eu poda escoller entre diversas materias, guiadas por verdadeiros especialistas no seu tema, alí estarei de primeiro.

Coma os americanos

015th Abr 2007, , Ceros e Uns, Ciberlingua, galEgo, tomonota, Xeral, , , , ,

Dende fai uns meses, incorporouse ó xogo da telefonía móbil outro operador: Yoigo, os de verdad verdadera.

Non vou entrar a discutir a dubidosa conexión a internet que ofrecen, pero dende logo a posibilidade de ter acceso a internet a 1,2¤/día cun simple móbil e que ademáis podas usalo para dar acceso a un ordenardor (portátil, por exemplo), é máis que interesante.

De tódolos xeitos, hai outro punto que a min me fixo especial gracia. Hoxe en día é practicamente imposible coñecer de memoria os números de teléfono das persoas do noso entorno, pero por aí fora xa tiñan sistemas moito máis cómodos para lembrar este tipo de cousas.

Se usamos os números para escribir texto mediante as mensaxes SMS, porqué non facer ó revés e usar letras para escoller números? Por exemplo, no noso país a empresa de transportes Arriva, ten habilitado o teléfono de atención 902ARRIVA, é dicir, o 902277482. Para min, dende logo é moito máis sinxelo lembrar así o número que calquera combinación numérica. De feito, só lembro o 902902902 de Ya.com :P

Pois en Yoigo pódese escoller o número de teléfono móbil que queres. Realmente, o que permiten escoller son as 4 últimas cifras, é dicir, todos os números de Yoigo comezan por 622 (de momento) e logo 22 e 23, polo que non é moi complicado ver qué opcións temos:

622 2 2 XXXX 622 2 3 XXXX 622 2 2 XXXX 622 2 3 XXXX 622 2 2 XXXX 622 2 3 XXXX

622 a a XXXX 622 a d XXXX 622 a b XXXX 622 a e XXXX 622 a c XXXX 622 a f XXXX

622 b a XXXX 622 b d XXXX 622 b b XXXX 622 b e XXXX 622 b c XXXX 622 b f XXXX

622 c a XXXX 622 c d XXXX 622 c b XXXX 622 c e XXXX 622 c c XXXX 622 c f XXXX

Obviamente, moitas das combinacións non son moi lexibles, pero ainda poden aparecer combinacións simpáticas coma: bertez, calido, adorfu… amén de outras palabras de uso máis común :D

Como a de Aladino

226th Out 2006, , Ceros e Uns, Xeral, , , , , ,

Para empezar a montar cousas na rede (foros, bitácoras, portais,… e-learning, egroupware,…) sempre pode lanzarse un directamente, mercar un dominio, o espacio web… e botarse a andar coma ben un poda… preguntando por alí, e lendo moito por acolá…
Pero tamén pode un probar na casa, antes de aventurarse. En Agnix, viña estes días un artigo interesante para montar un entorno LAMP (= Linux [como sistema operativo] + Apache [como servidor web] + MySQL [como base de datos] + PHP [como linguaxe de programación], que é a combinación de máis éxito na rede) un xeito moi sinxelo de montar un pequeno servidor na casa, e botarse a argallar. A instalación que citaban era para a recente Fedora Core 6 (á que lle penso dar unha oportunidade, ata que mañá saia a nova ubuntu :D ) e describe o proceso básico de configuración de todo o sistema… pero tamén hai unha guía para a nova promesa de Ubuntu.
Como alternativa final, está XAMMP o equivalente para windows… e que estes días tamén andaba a probar, con bastante éxito.

…por que a LAMPara de aladino, cada vez é máis sinxela de manexar… e as cousas xa non son só para 40 gurus pechados nunha cova…

Creative Commons License http://www.adorfunteca.org is licensed by dorfun under a Creative Commons Attribution-Noncommercial-Share Alike 3.0 United States License.