Posts Tagged “enerxía”

Os beneficios da tecnoloxía

019th Xan 2011Xeral, , , , , ,

A tecnoloxía está mellorando a calidade da vida humana en moi diversos aspectos:

1. Dependencia enerxética. O consumo eléctrico dos novos dispositivos obríganos a ter cerca unha fonte eléctrica que nos permita recargalos.

2. Fenda social. Agora xa non é suficiente coa diferencia económica xa que se vives en lugares aillados e/ou de dificil orografía a tecnoloxía dache as costas.

3. Lixo electrónico. Primeiro saqueamos as minas produtivas en países non desenvolvidos sen analizar os comos e logo levámoslles os nosos desperdicios para que o amontonen tamén nas súas terras.

4. Clientelismo das marcas. Non chega con ter o obxecto, as redes da empresa fabricante envolverate para que sigas consumindo os seus servizos mentras te devora.

5. Independencia das formas. Se tes unha batería non poderás usala con outro dispositivo, nin o cargador, nin os accesorios, nin…

…por non citar os formatos de datos usados ou as relacións de custo de produción e venta ou…

Hoxe non quero levantarme (fun&track 2)

420th Nov 2006Ciberlingua, eSementes, galEgo, Xeral, , , ,

Iniciar o traballo á volta das vacacións, é complicado. Empezar a semán coa enerxía e forza suficientes, produce bastante preguiza. Pero sair da casa cada día co ánimo de quen comeza unha nova xornada, para algúns chega á categoría de insulto.

Así que sen ánimo de crear enemigos, direi que pertenzo ó último grupo. Son un ánimal diurno (lamentablemente!?), así que tampouco me resulta tan complicado. Pero ainda que me desplace entre bancos de matinal fume gris, avanzo paseniño co sorriso nos beizos, tratando de compartir a enerxía do que empeza con bo pe.

Un día destes, alguén me dará unhas ostias… pero seguirei conservando este sorriso nos beizos… porque o día que o perda, probablemente perderei o interés en ir traballar…

[fun&track é unha combinación de funeral e trackback... misturado con ledicia na honra da gran morte :D ]