Candidaturas á alcaldía de Ferrol 2011

Standard

Xa van 4 anos desde que deixara rexistradas as comunicacións que 5 partidos políticos (psoe, pp, bng, eu e if) fixeran para a súa candidatura á alcaldía de Ferrol. Ao final fora Vicente Irisarri do PSOE o que se fixo co sillón do concello na cidade.

Este ano non vou repetir o mesmo, pero si quero deixar constancia das comunicacións que os políticos e políticas desta cidade nos fixeron chegar. Dentro de catro anos volveremos a lelas.

BNGConverxencia Galega -  Esquerda UnidaIndependientes por FerrolPPPSOE

Bule bule do polEtiqueo galego.

Standard

Como en Chuza! nada para e todo flue, como dicía o vello Heráclito, acaba de poñerse na wiki, o listado de bitácoras de políticos galegos, para as vindeiras eleccións.

Aproveitando ese traballo, adaptei unha páxina, para que todos os interesados podan facer un seguimento en tempo real, das andainas destes persoeiros. Podedes atopala aquí:

http://enblogamia.adorfunteca.org/polEtica/ 

E obviamente, tamén se pode resindicar nesta ligazón.

Se alguén bota algunha en falla ou hai algún erro, que avise. Pola miña parte só sinalar que o sistema de sindicación do Bloque, está mal en xeral, e case todos os seus blogues ligan a onde non é (xa están avisados, así que a ver se reaccionan) E por outra banda, lamento moito que unha gran parte dos candidatos teñan que recurrir a sistemas de bitácoras de fora coma Blogger, por exemplo.

Sobre o que escriben nas bitácoras… mellor reservo a miña opinión…