--More--
Alt-Ctrl- SCR LOCK

A dorfunteca

Os beneficios da tecnoloxía

2011-01-19 23:29:17 by dorfun-2 in Xeral (no comments) permalink

A tecnoloxía está mellorando a calidade da vida humana en moi diversos aspectos:

1. Dependencia enerxética. O consumo eléctrico dos novos dispositivos obríganos a ter cerca unha fonte eléctrica que nos permita recargalos.

2. Fenda social. Agora xa non é suficiente coa diferencia económica xa que se vives en lugares aillados e/ou de dificil orografía a tecnoloxía dache as costas.

3. Lixo electrónico. Primeiro saqueamos as minas produtivas en países non desenvolvidos sen analizar os comos e logo levámoslles os nosos desperdicios para que o amontonen tamén nas súas terras.

4. Clientelismo das marcas. Non chega con ter o obxecto, as redes da empresa fabricante envolverate para que sigas consumindo os seus servizos mentras te devora.

5. Independencia das formas. Se tes unha batería non poderás usala con outro dispositivo, nin o cargador, nin os accesorios, nin…

…por non citar os formatos de datos usados ou as relacións de custo de produción e venta ou…

del.icio.us digg reddit

Benvida/Benvido. Escribe 'help' para ver o listado de comandos, se che apetece xogar un pouco. :D

'startx' debería iniciar o entorno visual, pero non perdas o tempo aquí e sementa :)

Para ver a última anotación, escribe 'last'... se pos calquera outra palabra, igual hai unha anotación con ela! :o