
Cristina Pato coordina un encontro formativo de carácter internacional no ámbito da música- Un equipo de profesorado de luxo (de Chucho Valdés a Guadi Galego, pasando por Wu Tong) coordinado por Cristina Pato. O formato do Galician Connection é de clases prácticas, encontros Âcara a caraÂ, foros e debates participativos e un concerto de clausura no Museo de Galicia. A proposta foi presentada hoxe na Cidade da Cultura, lugar no que se desenvolverá o programa do 11 ao 13.

Arrinca en Vedra unha nova edición do seu programa audiovisual, o LAV012- à a primeira das dúas fins de semana coas que Vedra pretende dinamizar esta zona cun programa audiovisual que contempla desde o aspecto formativo ata o de exhibición. No que atende ao primeiro, comezarán con cinco cursos (Animación stop motion, O intérprete diante da cámara, Postprodución dixital, Iniciación ás
curtametraxes para o alumnado de ESO e Interpretación na dobraxe). Da outra, entre as proxeccións figura a estrea de tres traballos. Canción de Ninar, un drama dirixido por MartÃn RodrÃguez, Noutra pel é unha curta resultante dun taller de cine impartido por Margherita Morello, sobre unha idea de Mª Jesús Picallo Ferreiro. Pechan as proxeccións, Xeira un drama rural centrado nuns personaxes marcados pola traxedia. Escrito e dirixido por Marisa Otero.

Xerais supera os dez millóns de volumes vendidos desde o seu nacemento- Desde a súa fundación en 1979 ata o feche do exercicio 2011, Edicións Xerais vendeu 10.103.409 exemplares. Asà o anuncia hoxe a editora, que apunta que o Pequeno Dicionario Xerais segue a ser a estrela da firma, con máis de 350.500 exemplares vendidos desde a súa aparición. Canda a isto, a editora sinalou que no pasado ano editaron 125 novos tÃtulos e fixeron 105 reimpresións. Dos lanzamentos de 2011 foron Non hai noite tan longa de AgustÃn Fernández Paz, con 3.500 exemplares, e o volume de contos completos de Manolo Rivas, con case 4.000, os tÃtulos que conseguiron máis vendas.

Dúas empresas do sector audiovisual apoiadas por Xesgalicia acumulan perdas millonarias- Xa era coñecido que tanto Bren Entertainment como Dygra Films atravesaban un delicado momento financeiro. El PaÃs publica hoxe unha ampla reportaxe na que estas entidades aparecen no listado de empresas apoiadas pola Xunta en Xesgalicia que perden cartos. Segundo cita este medio, remitindo a datos do Rexistro Mercantil, Bren Entertainment acumula perdas por 922.645 e Dygra Films de 755.041 euros. As dúas empresas figuraban no listado de empresas apoiadas con cargos a fondos públicos de capital risco (SCR).

Tiras, historias, colaboracións e personaxes- Zeke, ata o de agora crÃtico no blog da librarÃa Banda Deseñada, debutou recentemente como autor de BD cunha serie de historias curtas neste mesmo espazo. Ao tempo, podemos ler novas colaboracións de Davida no web Novaxove, onde xa leva un cento publicadas e incrementa a súa periodicidade a semanal. Chéganos tamén a nova de que Alberto Guitián e José Domingo colaborarán no segundo número da revista de humor Caramba!, que reúne nada menos de 47 colaboradores a nivel estatal.

Quiosco: Sons da Galiza 20- Acaba de subir á rede o número 20 da revista dixital Sons da Galiza. A publicación dedÃcalle a súa capa á caboverdiana Mayra Andrade, que nos visitou no último Cantos na Maré e mais ao grupo Banda Baile Asalto, que chega desde Pontevedra co seu "folk fresco". Canda a isto, achégase unha mostra da exposición fotográfica Mans de Ãscar MartÃnez, que amosa esa parte da anatomÃa de diferentes músicos do paÃs en Vigo. Canda a isto, Sergio Lago, director do Culturgal, valora a última edición da da feira, repásanse as últimas novidades discográficas e faise unha panorámica do sector musical do paÃs na forma de noticias breves.

A Xunta liberará información pública para favorecer o seu uso por cidadáns e empresas- Segundo a filosofÃa que hai tras da idea dos Datos Abertos todo dato público debe ser accesible xa que os datos públicos son datos que non debe estar sometidos a lÃmites derivados de protección da intimidade persoal, de seguridade ou outros dereitos preferentes. O Consello de Goberno da Xunta de Galicia ven aprobar hoxe a adopción desta idea e a súa materialización práctica a través dun portal Abert@a, que servirá como plataforma de acceso a un extenso catálogo de información xerada polas propias dinámicas da administración que agora serán postos a disposición pública con formatos adaptados para o seu manexo.

A Xunta terá que elaborar un plan estratéxico da mocidade cada lexislatura- O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe tralo consello da Xunta o proxecto da Lei de Xuventude de Galicia, que reforzará "a coordinación e a transversalidade de toda a Administración Pública autonómica" a través da elaboración dun Plan Estratéxico da Xuventude en cada lexislatura. Para o Presidente da Xunta, o obxectivo da Lei é "regular os dereitos dos mozos e mozas, garantir o seu acceso aos órganos de representación e aos servizos públicos e mellorar a coordinación interna da Xunta de Galicia en materia de xuventude". A lei terá dez eixos prioritarios para a xente nova, como educación, emprego, vivenda, asociacionismo, turismo ou normalización lingüÃstica.

Play Doc prepara a súa oitava edición que se centrará na paisaxe- à a Âxoia cultural tedenseÂ, tal e como asegurou Vanesa RodrÃguez, concelleira de Cultura e Educación desta localidade pontevedresa. Por iso, o Play Doc non faltará á súa cita co documental. Será nun formato que se mantén fiel á súa estrutura habitual, aÃnda que haberá cambios. Malia que aÃnda non se coñece a programación, desde o festival confirman que este ano estará centrado temáticamente na paisaxe. Na sección oficial a competición repartiranse un total de 5.000  en premios e a cita será do 21 ao 25 de marzo.

Unha clase maxistral dará claves de como funciona un mercado audiovisual- Félize Frappier traballa no sector da distribución como axente de vendas para Max Films International desde 2003, conseguÃu vendas para pelÃculas como Seducing Dr. Lewis, The Far Side of the Moon, Borderline e Crying Out. O vindeiro martes estará en Compostela (aula CeMIT do Centro Multimedia de Galicia) para dar unha clase maxistral sobre Audiovisual Marketing and International Sales. A cita está organizada polo Consorcio Audiovisual de Galicia en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

O lanzamento do XaTcobeo simboliza a capacidade dos profesionais galegos das telecomunicacións-
Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, e Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo
Durante a rolda
de prensa previa ao lanzamento do picosatélite XaTcobeo, previsto para o 13
de febreiro na Guíana Francesa a secretaria xeral de Modernización e Innovación
Tecnolóxica, Mar Pereira, destacou que este momento supón un fito para Galicia
e que “o éxito é ter chegado ata aquí
porque demostramos o potencial dos profesionais galegos formados no sector das
telecomunicacións para competir a nivel internacional e súa capacidade de
innovación e de crear equipamento tecnolóxico de última xeración”. Na rolda de
prensa interviñeron o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato,
representantes de Instituto Nacional de Técnica Espacial (INTA), a Axencia
Espacial Europea (ESA), e os coordinadores do Proxecto da Universidade olívica.
A
responsable de Innovación Tecnolóxica resaltou que “o proxecto é un éxito académico e de investigación”. Foi a
Universidade de Vigo a que, en colaboración co Instituto Nacional Técnica
Aeroespacial (INTA), puido desenvolver un proxecto punteiro, coordinando a 8
grupos de investigación, 30 doutores e 40 estudantes de postgrao. XaTcobeo é un picosatélite que responde
ao estándar de enxeñaría CubeSat, que permite a construción de satélites a
baixo custe e en prazos breves, o que permite o acceso á tecnoloxía espacial
para empresas e universidades. Alumnado,
docentes e investigadores da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e da
Escola de Enxeñaría Industrial do campus de Vigo e da Escola Superior de
Enxeñaría Informática do campus de Ourense, foron os responsables do traballo
de deseño, desenvolvemento, fabricación e integración, levado a cabo durante
case catro anos. Pola súa
banda, os investigadores do INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial),
ademais de supervisar as actividades levadas a cabo na Universidade,
encargáronse de dar soporte na xestión e enxeñaría, desenvolvemento da carga
útil de radiación e o mecanismo de despregue, así como dos ensaios.
No proxecto participaron 60 estudantes, 32 enxeñeiros e oito grupos de investigación
60 estudantes, 32 docentes e oito grupos de investigación fixeron posible que a de Vigo sexa a primeira universidade europea en enviar ao espazo un CubeSat 1U construído cos estándares da Axencia Espacial Europea. O XaTcobeo despegará o vindeiro 13 de febreiro, catro días máis tarde do previsto por decisión da ESA, a bordo da lanzadeira Vega dende a Güiana Francesa e marcará un fito para a institución académica viguesa. Co picosatélite xa ensamblado na cabeza do foguete, o reitor, Salustiano Mato, cualifica o proxecto como “un rotundo éxito, o final dun camiño” que abre novas portas tanto á propia Universidade como ao tecido empresarial vigués e galego.

Rapaces de Oleiros e Vigo entran en contacto coas tecnoloxías de mínimo impacto ambiental-
Rapazas e rapaces de Secundaria e Bacharelato de Oleiros e Vigo tiveron oportunidade, este xoves, de familiarizarse cos máis recentes exemplos de tecnoloxía galega ao servizo da información e á comunicación á par que da continuidade e a sustentabilidade. En definitiva, entraron en contacto co que consideramos que debe ser o futuro das TIC: unha liña de innovación que non remata nunca, que é eficaz, e que ten a mínima pegada de impacto sobre o medio ambiente. Así nolo contan os centros impulsores da iniciativa EficienTIC, os centros Gradiant, CITEXVI e EnergyLab, sedes das devanditas visitas. A experiencia desta semana, por certo, terá continuidade o vindeiro martes, con 100 rapaces procedentes de Cangas e máis de Pontecaldelas. Volvendo á cita deste xoves, dicir que a expedición tivo a súa orixe nos IES María Casares de Oleiros e Santo Tomé Freixeiro de Vigo, de onde procedeu o nutrido grupo de estudantes que tiveron, desta volta, unha nova oportunidade de experimentar con tecnoloxía eficiente (a base desta iniciativa chamada EficienTIC). A rapazada, que recibiu consellos e máis instrucións sobre os camiños que está a tomar a innovación tecnolóxico-dixital, cada vez máis concienciados co sustentábel, tivo oportunidade de interactuar cos investigadores de Gradiant e máis de EnergyLab dos máis diversos xeitos: a través de demostracións das posibilidades da tecnoloxía do coñecemento, visitas guiadas e obradoiros sobre como empregar as novas ferramentas e recursos que nos rodean dun xeito máis eficaz e como esta tecnoloxía pode axudar ao medio natural, xogando un papel ben importante en todo isto as enerxías renovábeis. Máis en detalle, os estudantes puideron comprobar, por exemplo como segundo a forma de emprego dos dispositivos e os costumes no fogar ou na escola, pódese non só axudar a reducir as emisións de CO2 á atmosfera ou coidar o medio, senón tamén chegar a aforrar un bo diñeiro a final de ano: “Vou facer todo iso na casa, e co que aforren meus pais, hei mercar unha Play Station”, comentaban algúns, segundo informa Gradiant, vendo as posibilidades de aforro. A organización de EficienTIC amosou a súa confianza en lograr que estas actividades “sirvan para achegar aos rapaces á ciencia e á tecnoloxía e que fagan súas ferramentas que permiten un aforro enerxético considerable”. As xornadas están cofinanciadas pola FECYT.

Ineo informará o xoves 9 das implicacións e potenciais do Fondo i2C-
Jorge Cebreiros, presidente de Ineo, nunha xuntanza recente coas empresas do sector TIC
O vindeiro xoves, 9 de febreiro, a Asociación Ineo ten programado un encontro profesional de divulgación, flexíbel e participativo, para dar conta das posibilidades de crecemento empresarial para o noso sector TIC que achega o Fondo i2C. A cita será ás 14.00 horas, no restaurante O Croque, en Vigo, e terá feitura de sobremesa. Contará coa presenza de Juan M. Cividantes Roger, director xeral de Xesgalicia SGECR, e Ricardo Méndez Rey, director de Investimentos do Fondo i2C. Este fondo, sinala Ineo, é un importante acubillo orzamentario de capital risco dotado no seu punto de partida con 20 millóns de euros. Da man da Consellería de Economía, trátase dunha proposta de investimento na que colaboran algunhas das entidades e profesionais da nosa terra máis importantes do sector produtivo, en labores de asesoramento principalmente, é o caso de Ineo, que vai participar como experto externo para a análise de proxectos e, tamén, no control e no seguimento dos investimentos que se leven a cabo. As persoas interesadas en participar neste encontro deberán poñerse en contacto coa asociación, a través de administracion@ineo.org.

Anuncian que o servizo que dará continuidade a Flocos.tv estará operativo en marzo-
Canle TV, o servizo preparado polo Goberno galego para recoller a testemuña de Flocos.tv e dar, deste xeito, un novo acubillo ao importante legado audiovisual xerado arredor desta segunda plataforma, estará operativo en marzo. Así o confirmou a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e así o reflicten medios como Praza Pública, onde se critica, por certo, a longa paréntese de actividade creada entre o peche de Flocos.tv e esta nova iniciativa, “tres anos de varamento e unha chea de ocasións perdidas para achegármonos ás máis de 400 fitas de creación galega ás que se lle daba acubillo”. Segundo informou AGADIC esta comunicación poderase retomar a partir de marzo, a través de Canle TV, que semella ter xa o sistema operativo preparado pero que non se puxo en marcha antes, sinala a Axencia, por mor dos dereitos de autor. De feito, engade a dita Axencia, as producións acubilladas en Flocos.tv estaban “nun limbo alegal, e non había permisos por escrito nin dos autores nin dos produtores de ningunha das obras que alí se albergaban”. Isto provocou que se dese comezo a un proceso para acadar os permisos precisos, proceso que se calcula que rematará ao longo de febreiro.

Telefónica achegará en streaming o seu evento compostelán arredor das redes sociais-
Telefónica retransmitirá vía streaming o seu encontro empresarial programado para o vindeiro martes, 7 de febreiro a partir das 12.00 horas, no Hostal dos Reis Católicos, ao abeiro da xornada TICs e Social Media: Claves para a Competitividade, dirixida a amosar perante os nosos profesionais as principais vantaxes das ferramentas dixitais de hoxe no camiño do éxito no mercado. Máis polo miúdo, poderemos velo a través de Twitter, coa etiqueta #ticsGal, e máis en Facebook. A xornada, que forma parte dunha iniciativa máis ampla, unha xira que se desenvolve polas principais cidades do Estado, encamíñase a favorecer claves para aumentar a competitividade. Será inaugurada pola secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira, e polo director de Administracións Públicas Norte de Telefónica España, Manuel Ángel Alonso. Tamén contará coa presenza, a apertura, do presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Marcelino Otero. No programa está previsto que interveña, entre outros, o director de Relacións Sectoriais e Territoriais da operadora, Antonio Bengoa, quen fará un percorrido por casos concretos de impacto positivo das novas tecnoloxías e das redes 2.0 nas empresas. Asemade, afondará nos cambios provocados polo afianzamento das TIC e, como consecuencia disto, de como xorden novas oportunidades para os eidos da produtividade e da competitividade. A continuación celebrarase unha mesa redonda na que os responsábeis de algunhas das firmas máis representativas do sector tecnolóxico-dixital galego explicarán cadanseu caso de éxito. Segundo apunta a operadora española, organizadora do evento, o obxectivo do mesmo é afondar un pouco máis nas ferramentas tecnolóxico-dixitais que as PEME galegas e de todo o conxunto do Estado teñen ao seu dispor para melloraren a súa produtividade e competitividade, “e como internet e a integración das redes sociais na estratexia das empresas estase a converter na clave para ter éxito neste obxectivo, desde unha perspectiva moi práctica”, engaden fontes de Telefónica.

Edisa amosará as vantaxes do seu software na feira Alimentaria de Barcelona-
A empresa galega Edisa, da que falamos recentemente para informar das súas achegas á Universitat Politècnica de Catalunya, segue a facer mundo na súa estratexia de impulso e promoción de Libra, software de xestión propio, múltiple, dirixido a subministrarlles funcionalidade e rendibilidade ás empresas. Libra e as súas novidades recentes, a día de hoxe implantando en máis de 500 compañías dos máis variados sectores, será a base da participación de Edisa na feira internacional Alimentaria 2012, a celebrar en Barcelona, un dos salóns máis importantes do mundo dentro do seu ámbito de actividade. Edisa, que contará con stand propio (B-96), valora moi positivamente a súa presenza en Alimentaria, tanto pola súa implicación e influencia na industria (están presentes os principais operadores internacionais da fabricación e distribución alimentaria) como polas xanelas que abre de cara ao futuro do sector, que pasan, de xeito inevitábel, pola máxima comunicación e colaboración coas empresas das novas tecnoloxías dixitais, é o caso de Edisa. A empresa galega xoga neste senso con especial vantaxe, posto que na súa carteira de clientes atópase un bo feixe de firmas, medianas e grandes, pertencentes ao sector agroalimentario, tanto de España como de Latinoamérica, e cubrindo tódolos elos da cadea de produción (sector primario, industrial, distribución, venda, servizos).

Avid leva a súa solución de edición de vídeo ao iPad-
Á aplicación iMovie
para iPhone/iPod Touch e iPad vén de saírlle un serio competidor, Avid Studio,
aplicación que polo momento só está dispoñible para iPad e que facilita a
edición de vídeo, audio e fotografías dun xeito áxil, para engadirlles efectos,
transicións e banda sonora para unha posterior publicación en YouTube, Facebook
e outros servizos ou, simplemente, para exportalos para a versión de escritorio
de Avid Studio (todo un estándar na edición de vídeo profesional).
Actualmente Avid Studio ten un prezo de 3,99 euros, igual que iMovie, pero incrementarán
o seu prezo de venda dentro dun mes, polo que os interesados en editar
vídeo dende o iPad poden aproveitar a oportunidade para facerse con esta
ferramenta que permite editar vídeos en varias pistas, crear efectos de imaxes
impresionantes, xerar gráficos e títulos en movemento de aspecto profesional e
outras funcións que parecían imposibles nun sistema de edición que se manexa
cos dedos sobre unha pantalla.
A aplicación é bastante completa se temos en conta que manéxase cos dedos en vez de cun rato

Pentax amosa a súa última cámara sen espello-
No mes de marzo chegará ás tendas a cámara
dixital sen espello Pentax K-01, que terá lentes intercambiables e un corpo
deseñado polo deseñador industrial londiniense Marc Newson, e que, aparte dunha
estética realmente rechamante, conta cun sensor CMOS de 16 Mpíxeles, gravación
de vídeo a 1.080p e un rango ISO de 100 a 25.600. Segundo Nikon sería a cámara
con lentes intercambiables máis delgada do mundo e venderase en negro, branco
ou amarelo a un prezo que previsiblemente quede en 749,95 dólares (sen lente)
ou 899,95 dólares (cunha lente de 40 milímetros).
A Pentax K-01 será capaz de disparar 6 fotografía por segundo, contará con
funcións manuais e modo RAW, e tamén achegará modos creativos e filtros, así
como modos de timelapse e HDR.
A Pentax K-01 poderase adquirir en 3 cores distintas

Ghost Trick: El Detective Fantasma estréase na App Store-
Hoxe chegou
á App Store o xogo Ghost Trick: El
Detective Fantasma, título que xa acadou un grande éxito na Nintendo DS
pola súa orixinalidade, que agora adáptase ás pantallas do iPhone/iPod Touch e
o iPad coma un título de balde no que se inclúen 2 misións, tendo que adquirir os capítulos sucesivos
para poder avanzar na historia dun detective que ten que descubrir o misterio
que rodea a súa propia morte a través dos poderes que ten en forma de pantasma.
Cada nivel ambiéntase nunha morte que poderemos ver, para retroceder logo 4
minutos no tempo, manipulando obxectos para evitar os asasinatos e así avanzar
no camiño da verdade do que provocou a morte do protagonista. Un curioso xeito
de mesturar unha historia de misterio cunha mecánica que poderiamos considerar
inspirada no clásico The Incredible
Machine.
O xogo, que pese ao seu vídeo de introdución en inglés inclúe textos en
español, permite a compra dos capítulos 3 ao 7 e 8 ao 13 por 3,99 euros cada
lote, aínda que tamén é posible adquirilos todos por 7,99 euros, o que vén a
ser moito menos do prezo que tivo o xogo na súa versión para a portátil de
Nintendo. É de agardar que esta política de prezos sexa todo un acerto, posto
que anima a moitos usuarios a dar unha oportunidade a un
título moi ben considerado pola crítica, para quedar enganchado ao mesmo e
verse forzado a pasar por caixa para seguir gozando da aventura.
Avance en vídeo da xogabilidade de Ghost Trick no iPad

Cisco presenta novas solucións PLC para o fogar-
Para facilitar a comunicación de distintos
dispositivos que teñamos no fogar sen os problemas de cobertura que moitas
veces presentan as redes sen fíos, Cisco achega ao mercado español 2 novos
dispositivos Powerline que aproveitan a nosa instalación eléctrica, de xeito
que podemos conectar televisores intelixentes, reprodutores de Blu-ray ou
consolas de videoxogos para que poidan acceder aos servizos que achega a Rede
ou para o acceso a contidos en alta definición sen flutuacións, convertendo
calquera enchufe da casa nunha conexión á Internet para ata 4 dispositivos
simultáneos.
Esta tecnoloxía tamén pode empregarse para ampliar o alcance da nosa rede sen
fíos, de xeito que o PLC pode contribuír na instalación de repetidores Wi-Fi, o
que agradecerán os que teñan problemas de conectividade e que non poidan optar
directamente por redes cableadas por empregar dispositivos como smartphones, consolas de videoxogos
portátiles ou tablets.
As solucións PLC básicas de Cisco corresponderían aos paquetes Linksys
PLEK400 (que inclúe 2 dispositivos PLE400, cun porto Ethernet cada un, que
permiten establecer pontes de comunicación ata a 200 Mbps) e Linksys
PLSK400 (cun dispositivo PLE400 cun porto Ethernet e outro dispositivo PLS400
con 4 portos Ethernet). Para amplificar a rede sen fíos teremos unha solución
semellante coñecida como Linksys PLWK400 que estará composto por un adaptador
PLC normal e outro que fará a función de punto de acceso Wi-Fi N.
Un dos terminais incluídos no Linksys PLSK400 permite conectar ata 4 dispositivos á vez

A Xunta avanzará no Open Data co portal Abert@s-
A Xunta de Galicia, segundo avanzou
hoxe no Consello
que tivo lugar en San Caetano, publicará información de interese público da
Administración galega e dos seus organismos en formatos abertos e estándar,
para a súa re utilización por parte de cidadáns e empresas. Son datos xerados
pola propia Administración e de gran valor pola súa fiabilidade e calidade pero
que non estaban adaptados para seren empregados por terceiros ou ben dispersos.
O portal Abert@s será a plataforma de acceso a este catálogo de información
pública en formato dixital, debidamente actualizado e de acceso libre. A iniciativa de Open Data supón un
elemento xerador de emprego e riqueza ao abrir a posibilidade de novas
oportunidades de negocio para emprendedores que poden crear novas aplicacións e
prestacións con base nesta información. Ademais, esta información é especialmente
relevante para a industria de contidos dixitais que atopará materia prima para
crear novos produtos e servizos e aplicacións de valor engadido. Ademais, os axentes
económicos e sociais poderán ter unha maior axilidade na toma de decisións ao dispoñeren
de forma fácil e accesible a información administrativa, financeira, xurídica.
Os detalles sobre o portal Abert@s adiantáronse no Consello da Xunta de hoxe en San Caetano
Aos cidadáns o Open Data ofrécelles a
posibilidade de mellorar a súa información e coñecemento sobre as actividades
das institucións públicas, e tamén se beneficiarán dos servizos que as empresas
creen con base na reutilización desta información. Entre as posibles aplicacións que as
empresas e os cidadáns lle poden dar esta información están mapas de
incidencias nas estradas, buscadores de oferta formativa, aplicacións para
coñecer o estado das mareas, buscadores de farmacias de garda, mapas turísticos
etc.
As primeiras informacións que se publicarán no portal Abert@s serán arredor de
40 documentos de diferentes áreas de información. As primeiras informacións que
se publicarán no portal Abert@s serán arredor de 40 documentos de diferentes
áreas de información. O obxectivo é avanzar no Goberno aberto, aquel que
promove unha participación efectiva a través das canles sociais e que pon á
disposición da sociedade, de maneira libre, os datos que se xeran no ámbito da
Administración pública e ademais a Administración
dá un paso máis no cumprimento do principio de transparencia informativa.

Brión convoca trece obradoiros prácticos de informática- O Concello coruñés de Brión, nunha demostración maxistral de que as supersticións só son escusas para traballar menos, vén de abrir o prazo de inscrición en trece obradoiros de informática de distintos eidos, uns obradoiros que teñen como destinatarios aos veciños e veciñas da zona que desexan inserirse paseniño nas novas tecnoloxías e Internet. Os cursos, que durarán entre dúas e catro horas cada un, teñen unha visión eminentemente práctica, e os alumnos e alumnas que asistan aprenderán a manexar, a nivel usuario, certas ferramentas como as redes sociais, o DNI electrónico, os blogs, a cámara dixital... O prazo de inscrición para participar nestas actividades xa está aberto e para confirmar a súa asistencia, as persoas interesadas deben achegarse ata a Casa da Cultura do Concello ou chamar ao teléfono 981 509 908. A cota de inscrición é de 10 euros por curso e os obradoiros iranse celebrando a medida que se superen as 8 persoas inscritas en cada un deles. As sesións de traballo terán lugar no telecentro de comunicacións de Brión, e os horarios dependerán da disposición das persoas apuntadas, podendo escoller entre asistir pola mañá (os martes de 10:30 a 12:30 horas) ou pola tarde (os luns de 16:30 a 18:30 horas e os martes e xoves de 20:00 a 22:00 horas). A oferta do Concello de Brión inclúe, nesta ocasión, varios obradoiros relacionados coa Internet como: busca de emprego a través da Rede, organización de viaxes a través da Internet (voos, reservas, hoteis...), comercio electrónico ou trámites electrónicos (na Seguridade Social, no Sergas, na Axencia Tributaria...). Ademais, convocaranse tamén cursos para aprender a utilizar as redes sociais (Facebook, Twitter e Tuenti) e ensinarase aos alumnos a crear un blog de seu. Os outros cursos ofertados polo Concello de Brión teñen que ver co mundo da imaxe e a fotografía. Falamos dun curso de retoque fotográfico con Photoshop, un obradoiro para sacarlle todo o partido á cámara dixital ou un curso de música e vídeo, que se complementa con outro de gravación de CD´s e DVD´s. Asemade, ofértanse cursos de creación de páxinas web, tramitación do DNI electrónico e incluso para o uso do Skype, unha ferramenta moi útil para a comunicación en liña en tempo real.

A curta galega 28D compite no certame en liña Notodofilmfest-
O certame audiovisual NotodoFilmFest, desenvolvido todo el na Rede e para a Rede, contará este ano, unha vez máis (logo de participacións tan senlleiras como a de Edu Lavandeira), con presenza galega. Así nolo recordan dende a Universidade de Vigo, que informa polo miúdo da admisión a concurso, no devandito festival, dunha curtametraxe de tituladas/os en Comunicación Audiovisual, cuxa Facultade, lembraremos, emprázase en Pontevedra. Segundo se apunta, as novas promesas xurdidas do devandito centro “non saben de barreiras nin de xerarquías”, e deste coñecemento, ou mellor dito desta falta de coñecemento, é de onde abrollan os folgos para presentarse coa curta titulada 28D a NotodoFilm, un dos festivais en liña máis importante do panorama estatal e de máis alá. A peza en cuestión, engádese, competirá nunha sección coordinada polo director afincando en Galicia José Luis Cuerda, que foi quen, precisamente, achegou a idea para a curta. Para os responsábeis da obra, o feito de figurar entre os 17 proxectos aceptados para competir no festival é xa en si unha magnífica nova. “Xa nos damos por satisfeitos con que Cuerda vexa un traballo feito por alumnado de Comunicación Audiovisual de Pontevedra”, conta Bibiana Juanes, directora do proxecto e voceira do grupo. A base da curta, como dixemos, está nunha idea do propio director de A lingua das bolboretas. Súa é a sinopse achegada no certame como testemuña para ser recollida polos novos directores. Tratouse polo tanto dun importante reto creativo, materializar a devandita proposta argumental e desenvolvela, reto asumido desta volta por un grupo de tituladas e titulados en Comunicación Audiovisual formado por Bibiana Juanes, Adrián Carrón, Ana Eiras, Elena Pérez, Iago Sánchez, Pablo Lamosa, Sarai Sánchez, Rubén Lino, Manuel Gago, Omar Juan Ietum, lnés Dosil, Sara Pérez, Noelia López e Lidia Montes. Ao seu xuízo, NotodoFilmFest é unha plataforma idónea para darse a coñecer “pois goza de recoñecemento e publicidade, ademais de ser un concurso que ve moita xente que pertence ao audiovisual”.

Redegal abre centro de operacións en Vigo-
A empresa galega Redegal, integrante de EGANET e AGASOL e especializada en solucións de software libre e consultoría tecnolóxica para empresas e institucións, vén de abrir oficina en Vigo. A posta en marcha deste novo emprazamento, sinalan fontes da firma, responde á súa estratexia de ampliar as canles de comunicación coas empresas establecidas na cidade, afianzando relacións e procurando novos espazos de actividade nos que achegar e desenvolver os seus produtos tecnolóxicos. Produtos que cobren un amplo abano de aplicacións, dende recursos para facilitar ao máximo a venda, comunicación e promoción a través da Rede até programas para móbiles, pasando por servizos de asesoramento empresarial e software de xestión a medida. Cómpre lembrar que Redegal comezou a súa andaina, principalmente, na provincia de Ourense, tal e como temos reflectido dende esta web, por exemplo cando informamos da implantación no Concello de Pereiro de Aguiar de redes sen fíos baixo programación aberta. Redegal mantivo a súa sede en San Cibrán das Viñas, e a súa oficina en Ourense. Coa súa presenza agora en Vigo, onde existe un forte tecido produtivo que demanda solucións TIC especializadas, Redegal confía en ampliar ao máximo o seu ámbito de acción, tanto en Vigo e a súa contorna como dende Vigo e con vistas ao panorama internacional. A nova sede está situada no número 34 da rúa Conde de Torrecedeira. Co gallo desta apertura, Redegal aproveitou para ampliar persoal. Deste xeito, José Manuel Barros será responsable de Desenvolvemento de Negocio, María Lafuente incorporarase ao Departamento de Proxectos e, na Área Técnica, contarán con Arturo P. Capel.

Compostela acollerá a presentación do Spain Tech Center en California-
Imaxe do acto de inauguración do Spain Tech Center
Cantas veces, dende que comezou a crise, non lle teremos escoitado a amigos e familiares do noso entorno, “que hai que saír fora do país, que España queda cativa, que aquí non hai futuro, que é preciso cruzar o charco”..., pois ben, en Red.es, na Fundación Banesto e no ICEX tamén matinaron no mesmo, e unha vez analizadas as vantaxes que acadarían, crearon a plataforma de traballo STC (Spain Tech Center), coa que abrirlle camiño no mercado norteamericano ás empresas tecnolóxicas que desexen iniciar a súa internacionalización alí. Este centro, que entrou en funcionamento o pasado 1 de xullo, ponse agora a disposición das empresas galegas que non o coñecían, que poderán obter información privilexiada sobre o seu funcionamento nunha xornada de presentación que terá lugar o vindeiro 15 de febreiro no IGAPE. O obxectivo da xornada e informar sobre esta iniciativa, así como das accións de promoción internacional que para o sector organiza o ICEX -e que contan con colaboración de IGAPE- e das accións de internacionalización multisectoriais do Plan Cameral para o 2012. As persoas interesadas en participar deberán enviar un correo electrónico cos seus datos persoais á dirección mcp@igape.es, antes do vindeiro 10 de febreiro. O STC está situado no distrito de SOMA, unha das áreas máis activas de San Francisco, e as empresas instaladas nel contan, entre outras cousas, con asesoramento continuado e con acceso a servizos especializados (recursos humanos, comerciais, xurídicos, fiscais...) a fin de que a súa inmersión en EEUU se desenvolva con éxito.

seo outsourcing- SEO Outsourcing - SEO Services Providers offers outsourcing SEO services at very cost effective prices. Sticking to deadlines and providing unrivaled bespoke results, is not an acquired skill but an attitude at SEOSERVICESPROVIDERS.etiquetas: seo consulting services, outsource seo, seo results, seo outsourcing services, s» historia orixinal

Referendo para a unidade da Irlanda: incógnitas sobre a sua celebração- Um referendo sobre a unidade da Irlanda para a próxima legislatura é o que o vice-presidente de Irlanda do Norte, Martin McGuinness, propõe numa entrevista no jornal Irish Examiner ir.gl/eadf11. A proposta de McGuinness tem base legal: o Acordo da Sexta-feira Santa de 1998 prevê que se possa convocar um referendo de autodeterminação, mas também dá indicações que, agora mesmo, não parece que se cumpram. Estudos de opinião universitários assinalam que há uma sólida maioria pró-britânica. Fonte orixinal: ir.gl/d841fcetiquetas: referendo, unidade, éire, irlanda, ulster, sexta-feira santa» historia orixinal

Domingo 5 de Febreiro Roteiro pola defensa dos Montes do Morrazo e contra o Parque eólico en Pedras Negras- Domingo 5 de Febreiro Roteiro pola defensa dos Montes do Morrazo e contra o Parque eólico en Pedras Negras. Organiza Plataforma pola defensa dos Montes do Morrazo.etiquetas: roteiro, defensa, montes, morrazo, pedras negras, parque eólico» historia orixinal

Novo pacto social no que CCOO e UGT asumen a postura da patronal- A FESGA presenta un audivisual que recolle a análise sobre o recente acordo de CCOO e UGT coa patronal de CEOE e CEPYME ("II Acuerdo para el empleo y la negociación colectiva") , para o cal entrevistamos a Xesús Seixo, secretario xeral da CIG, e máis a Antolín Alcántara, secretario confederal de negociación colectiva da central.etiquetas: ccoo, patronal, cig, suso seixo, ugt, pacto, social» historia orixinal

Tronza o carallo e copula a distáncia- O membro mutilado segue a funcionar dentro da fémia namentras a sua parella escapa. Aqueles que tentan ligar con xogos malabares dificilmente superarán o número das arañas de Singapur. Como pito sen cabeza, os xenitais do Nephilengys malabarensis seguen bombeando dentro da fémia despois de que o seu dono os arrinca. Así descubriuno un equipo de investigadores que estudiu os encontros íntimos de 25 parellas de malabarensis na percura de novas tácticas evolutivas para garantir a supervivéncia.etiquetas: araña, singapur, copular, reproducción, carallo, pirola, pene» historia orixinal

As samesugas da Lagoa de Antela, usadas polos médicos de Franza e Portugal- Un anuncio no Boletín Oficial da provincia de Ourense informa do subministro de samesugas, Hirudo medicinalis, ao Hospital de San Roque en 1854. O uso das samesugas en medicina estaba moi estendido na época. Os exemplares da Lagoa de Antela eran coñecidos en Franza e en Portugal e chegou a haber un importante comercio ao redor deles. Tal debeu de ser a súa notoriedade, que se chegou a escribir que se honraban "bebendo os sangues máis ilustres do Enciclopedismo e do Romanticismo galo".etiquetas: samesugas, lagoa de antela, medicina, limia, ourense, franza, portugal» historia orixinal

Portugal: Deverão ser extintas entre 1300 e 1400 freguesias- Na conferência de imprensa sobre as conclusões do Conselho de Ministros, Marques Guedes disse não poder indicar "o número exato" de freguesias a extinguir, porque aquilo que o Governo propõe são "parâmetros de agregação", mas acrescentou que segundo essas regras deverá haver "uma redução de cerca de 30 por cento do número de freguesias", ou seja, "à volta de 1300, 1400 freguesias".etiquetas: freguesias, crise, portugal, recurtes, municípios» historia orixinal

Billarda: 3º Aberto do Lacón de Meira- Via: ovaral.blogspot.com/2012/02/cadeas-e-billardas-laranxas-no.html Billardas Lanranxa , abrigos de pel de animais atropelados na estrada , supositorios reconstituíntes e cadeas para aferrarse á carraxe ....todo elemento de natureza insulxente será pouco para combater os ráfagas de frío que se anuncian para iste sábado no mítico Aberto do Lacón de Meira.etiquetas: billarda, lnb, meira, aberto, varal» historia orixinal

Pladesemapesga acusa ao PP de por a disposición das constructoras o litoral galego, coa nova Lei de Costas- A reforma da Lei de Costas tentada por Feijóo, comeza a ver a luz da catástrofe en Galicia, asentada hoxe por Arias Cañete, que abrirá novos usos urbanísticos e destrución no litoral virxe de Galicia, así Ecoloxistas en Acción xa puxera en marcha o Mapa da Especulación, dentro da súa web participativa Ecowiki, unha páxina onde xa se recollen máis de 250 casos de ameazas urbanísticas ao medio ambiente coa falta de compromisos pon en alerta á nosa organización.etiquetas: lei de costas, litoral, arias cañete, construción, destrución, pesca» historia orixinal

Coimbra: Antigas tabernas estão a morrer aos poucos- Fazem, ainda hoje, parte da cultura popular da cidade. Palco de grandes conspirações políticas nos finais do século XIX e princípios do século XX, foi lá que intelectuais como Guerra Junqueiro, Antero de Quental, Bernardino Machado ou Camilo Castelo-Branco «tertuliaram», comeram e se divertiram, de copo na mão. Nas tabernas antigas de Coimbra, espaços de encontro e convívio de gerações de futricas e estudantes, ouviu-se o fado batido, muitas guitarradas e nasceram jogos tradicionais, como a malha e a «laranjinha».etiquetas: coimbra, portugal, taberna, cidade, rota, vinho, república» historia orixinal

Nuno Moutinho: «A vassoura de milho é o meu passaporte»- Um viajante inveterado, Nuno Moutinho aproveita a paixão pela produção artesanal de vassouras de milho painço para rodar pelo país, conhecer gentes e tradições diversas. O milho, cultiva-o bem perto da Ponte do Freixo, no Porto para depois o entrançar em dias húmidos na sua casa de Gondomar. Defende a tradição que já vem do bisavô com unhas e dentes - «é tradicional e ecológica» - e só tem pena que a família nem sempre compreenda a sua paixão. O seu avô, além de trabalhar a terra, executava as vassouras de milho, jugos de bois, cadeiras...etiquetas: nuno moutinho, vassoura, milho, artesão, artesanato, tradição» historia orixinal

ACNUR: 1500 pessoas morreram em 2011 tentando entrar na Europa- Um número recorde de 1,5 mil migrantes, principalmente da Somália e de outras regiões da África, morreram tentando chegar à costa europeia em 2011 e a odisseia mortal continua para muitos que partem da Líbia, disse na terça-feira o Alto Comissariado das Nações Unidas para os Refugiados (Acnur). Mais de 58 mil pessoas chegaram à Europa pelo mar no ano passado, também um recorde. Além disso, 55 mil migrantes atravessaram a fronteira terrestre entre a Grécia e a Turquia em Evros no ano passado.etiquetas: migrantes, mediterrâneo, marítima, onu, acnur, mortos» historia orixinal

Eurodeputado verde critica afán lucrativo do futuro centro de experimentación animal de Lugo- O eurodeputado dos Verdes/Alianza Libre Europea, Raül Romeva, quen tamén é vicepresidente do Integrupo para a Conservación e Benestar dos Animais, critica nunha iniciativa parlamentar o afán lucrativo do proxecto para construir un centro de experimentación animal en Lugo, sinalando que a UE cada vez adopta máis regulación a prol dun menor uso de seres vivos en investigacións, que existen métodos alternativos válidos e seguros, e que o proxecto nin tan sequera ten claro a que se van adicar as instalacións.etiquetas: romeva, eurodeputado, bruxelas, lugo, experimentación, animal» historia orixinal

Perdón, carta do alcalde de Monforte- "NA EDUCACIÓN que recibín inculcáronme dúas cousas que sempre me pareceron básicas. A primeira, que unha das prioridades do comportamento humano é non atravesar as liñas vermellas que cada quen teña establecidas segundo os seus valores. A segunda, que un pode actuar de boa fe, pensar que obra correctamente e sen embargo producir unha grande indignación e desilusión en moitísimas persoas."etiquetas: monforte, bng, alcalde» historia orixinal

Cazadores sacuden a xornalistas e quedan impunes- Durante o campionato de caza de raposo de 2011, que tivo lugar en Pontecaldelas, polo menos dous operadores de cámara foron agredidos por cazadores, sen que un ano despois houbera algunha reacción por parte das autoridades competentes. Por iso, o deputado de EUiA, Joan Josep Nuet, a petición da Asociación Animalista Libera levan ao Congreso ás agresións a estes informadores e máis a dúas xornalistas en El Puig. O deputado catalán e os animalistas coinciden en que se está a impor unha censura nas actividades que inclúen maltrato animal.etiquetas: congreso, nuet, xornalistas, cazadores, campionato, raposo» historia orixinal

Caixa Breogán e o Pastor pasan as probas de resistencia- No documento oficial distribuído polo CEBS refírense á nova entidade resultante da fusión de Caixa Galicia e Caixanova como ‘Caixa Breogán’.

Regresa o Culturgal- Por fin unha boa nova para o sector cultural. Logo dun ano en branco pola negativa da Xunta a financialo, as asociacións dos diferentes sectores culturais decidiron rescatar o Culturgal.

Independencia, creatividade e esplendor- No limiar da edición facsimilar do Vieiros de México (1959-1968), publicada por Edicións A Nosa Terra, Margarita Ledo principiaba: “Estás tocando galego, como decisión de sermos independentes, criativos e esplendorosos”. A histórica publicación da que collemos o nome procurou unha Galiza moderna, aberta a Portugal, feita desde o exilio e a emigración para unha comunidade única de galegos no mundo. Esa foi a arela que tiveron aqueles visionarios (Luís Soto, Carlos Velo, Florencio Delgado...). É unha forma de entender Galiza, de pensar o país dun xeito moderno, ecléctico e desacomplexado. Foi a base editorial do actual Vieiros.Manter esa liña e o noso labor informativo diario consolidounos como referente. O seguimento da crise do Prestige pode ser un exemplo paradigmático, Vieiros, espremendo ao máximo os seus limitados recursos abriu unha fenda nun contexto de forte presión censora. Esa forma de facer, aplicable a moitos máis casos, foi o espirito do que nunca desfalecemos. Dedicámonos asimesmo a abrir o campo de xogo, demos voz a todas as sensibilidades dunha sociedade plural que compartía a arela de defender e facer avanzar o país. Nel sempre estivemos centrados, tanto editorial como formalmente, pensando o mundo desde aquí.Vieiros optou desde os seus comezos por converterse no medio de comunicación dunha sociedade que estaba por vir, pero que un día chegaremos a ser. Camiñar cara a realidade na que nos gustaría vivir implica non deixarse controlar. A nosa radical independencia trouxo custos. Vivimos nun país cun escaso nivel de cultura democrática, cun quefacer informativo moi centrado en persoas no canto de ideas ou procesos. Informar desde esa postura independente e poñer ideas enriba da mesa provocou problemas, incomprensións e mesmo ataques desde todas as opcións ideolóxicas.Pero tamén é xusto dicir que neste camiño gañamos moitos amigos e moitos parabéns. Aquí sempre atoparon abeiro todas aquelas persoas e entidades que buscasen un espazo aberto, plural, normalizador, independente e en galego. Sempre cremos que entre todos, sexan de quen sexan, con repecto e esforzos compartidos, é como vai avanzar o país. Ao longo destes quince anos, o editor e todos os que aquí traballaron, especialmente os directores Daniel, Rocío, Anxo, María e Ramón, así como Roberto, o xefe de redacción, e os xornalistas que até aquí chegamos, compartimos a idea de que este medio se tiña que ir facendo en colaboración con opinadores e lectores. E así foi, mesmo contando con personalidades tan plurais, demos conseguido manter unha liña editorial clara ao longo do tempo e realizar un xornal que moito máis que dunha ou outra persoa foi un logro colectivo. Esa foi a nosa máis rendíbel aposta pola creatividade.A maiores desta, esplendor e independencia, foi o que intentamos achegar a uns lectores que coma ti son creativos, respectuosos, ilusionados, críticos e solidarios, en definitiva, esplendorosos e independentes, e agardamos ter aberto novas rutas para que o país, algún día, tamén o sexa.

Un país normal- A crise que se está a vivir revela a febleza do noso sistema mediático (o que aposta polo uso normal do idioma), a pesar dos titánicos esfozos dos seus editores.Os medios en galego viviron e viven fundamentalmente da publicidade e convenios institucionais e en moita menor medida do escaso mais valioso apoio privado. A aposta pola publicidade en galego e en medios en galego ainda non callou nas nosas empresas. A situación na prensa noutras linguas non é moi diferente, e en maior ou menor grao, o apoio das administracións é decisivo para a súa supervivencia. Pero os nosos medios son máis novos, con menos capacidade empresarial e máis febles ca outros sistemas mediáticos que acumulan décadas (cando non séculos) de experiencia ás súas costas.Se a lingua é o principal eixo sobre o que vira a nosa identidade, o apoio aos medios que intentan que sexa unha ferramenta cotián debería ser unha cuestión estratéxica de calquera poder público, chámese este Xunta, Deputacións ou Concellos. A realidade, cando xa logo van tres décadas da nosa Autonomía, foi e é ben outra.Nin os primeiros executivos propios, nin a longa etapa Fraga, nin o bipartito, nin aínda menos o actual Goberno amosaron interese en favorecer un espazo real para o florecemento dos medios privados en galego. Mais tamén é certo que de todos é a responsabilidade última. Non sermos quen de construír medios fortes que sexan o espello dun país máis dono e orgulloso do seu, non é máis que o reflexo no cristal da nosa realidade como sociedade.Houbo e hai iniciativas que intentan facer normal o que é anormal. Sen dúbida o mellor exemplo son os xornais e publicacións que comparten a Asociación de Medios en Galego. Constituída en 2004, esta entidade procura consolidar un espazo comunicativo empresarial e profesionalizado na nosa lingua. Eis o pulso case heroico que seguen a manter medios imprescindíbeis como A Nosa Terra, Terra Cha Xa, A Peneira, Galicia Hoxe, O Sil, De Luns a Venres ou Tempos Novos. Tarefa de todos é soprar para que esta agra sexa cada vez máis vizosa, un alicerce fundamental para conseguir a arela de sermos un país normal.

Até sempre- Hoxe, 24 de xullo de 2010 e véspera do Día Nacional, Vieiros pecha logo de 15 anos de ilusión e esforzo por manter o medio que sempre soñaramos.Un país normalIndependencia, creatividade e esplendor

A RAG presenta un recurso contra o decretazo- O presidente da Xunta foi avisado previamente ''por motivos de transparencia e de lealdade institucional'', segundo apunta a institución.

No 25 de xullo, "que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas"- Compostela convértese este domingo na peneira dun diverso e abondoso número de actos que reivindican máis autogoberno, celebran o Día de Galiza ou lle rezan ao Apóstolo.

Eganet tacha de "intromisión empresarial"un programa das cámaras de comercio- A Asociación de Empresas Galegas Adicadas á Internet alerta de que as axudas camerais ofertan "webs pouco profesionais" e "de produción masiva".

O Estado Español continuará a non recoñecer a independencia de Kosovo- Admite que a decisión da Corte Internacional de Xustiza da ONU sobre este territorio "abre unha nova fase" baseada no diálogo con Serbia.

Este verán: Tola atrás de ti!- En apertada votación, o xurado elixe o tema de Sés. No podio tamén: 'Amorío no estío', 'Galician Punchi Ghaiteira' e 'A marajota'.

Vitaminas para o galego
blogaliza anóvase!- A nosa maquinaria actualízase á última versión de WordPress, a 3.2.1.
Novidades?
Un novo estilo visual, TwentyEleven, con moitas posibilidades: cabeceiro, cores e disposición de columnas configurables.
Editor de anotacións a pantalla completa, para ver só o importante: o teu texto. Paga a pena botarlle un ollo: é un vicio!!
Dentro do editor, cando sexa de engadir ligazóns tes que probar o «ligazóns internas»: as referencias a contidos do propio blog vanse revolucionar…
Buscador para escoller estilo visual: acabouse andar pasando de páxina en páxina ata dar co theme que gostamos.
O estilo visual P2, que che permitirá facer un blog «tipo twitter» en minutos.
As anotacións poden ser «outras cousas»: ligazóns, citas, galerías…
Barra superior con todo o que precisamos ao alcance da man.
Correximos moitos erros no proceso de creación de novos usuarios.
Empregamos a tradución oficial.
Nestes días, mentres andamos a argallar nunha nova portada para blogaliza, incorporamos o «Precisas axuda?» a todas as páxinas do sitio (públicas e privadas), para poder botar unha man. Se precisas algo, danos un toque.
E mentres vas probando as novidades, o vídeo oficial de presentación:

actualizámonos!- A nosa maquinaria actualízase á última versión de WordPress, a 3.2.1.
Novidades?
Un novo estilo visual, TwentyEleven, con moitas posibilidades: cabeceiro, cores e disposición de columnas configurables.
Editor de anotacións a pantalla completa, para ver só o importante: o teu texto. Paga a pena botarlle un ollo: é un vicio!!
Dentro do editor, cando sexa de engadir ligazóns tes que probar o «ligazóns internas»: as referencias a contidos do propio blog vanse revolucionar…
Buscador para escoller estilo visual: acabouse andar pasando de páxina en páxina ata dar co theme que gostamos.
O estilo visual P2, que che permitirá facer un blog «tipo twitter» en minutos.
As anotacións poden ser «outras cousas»: ligazóns, citas, galerías…
Barra superior con todo o que precisamos ao alcance da man.
Correximos moitos erros no proceso de creación de novos usuarios.
Empregamos a tradución oficial.
Nestes días, mentres andamos a argallar nunha nova portada para blogaliza, incorporamos o «Precisas axuda?» a todas as páxinas do sitio (públicas e privadas), para poder botar unha man. Se precisas algo, danos un toque.
E mentres vas probando as novidades, o vídeo oficial de presentación:

blogaliza ao día!- A nosa maquinaria actualízase á última versión de WordPress, a 3.2.1.
Novidades?
Un novo estilo visual, TwentyEleven, con moitas posibilidades: cabeceiro, cores e disposición de columnas configurables.
Editor de anotacións a pantalla completa, para ver só o importante: o teu texto. Paga a pena botarlle un ollo: é un vicio!!
Dentro do editor, cando sexa de engadir ligazóns tes que probar o «ligazóns internas»: as referencias a contidos do propio blog vanse revolucionar…
Buscador para escoller estilo visual: acabouse andar pasando de páxina en páxina ata dar co theme que gostamos.
O estilo visual P2, que che permitirá facer un blog «tipo twitter» en minutos.
As anotacións poden ser «outras cousas»: ligazóns, citas, galerías…
Barra superior con todo o que precisamos ao alcance da man.
Correximos moitos erros no proceso de creación de novos usuarios.
Empregamos a tradución oficial.
Nestes días, mentres andamos a argallar nunha nova portada para blogaliza, incorporamos o «Precisas axuda?» a todas as páxinas do sitio (públicas e privadas), para poder botar unha man. Se precisas algo, danos un toque.
E mentres vas probando as novidades, o vídeo oficial de presentación:

UNIREDE: I foro galego da web 2.0-
O próximo 15 de outubro participaremos no obradoiro sobre industria cultural que terá lugar ás 18:00 en UNIREDE, o foro galego da web 2.0. Compartiremos mesa con Ramón Nicolas, Francisco Castro, Ledicia Costas e Xosé Rodríguez. Arantxa Serantes será a nosa moderadora. Vémonos en UNIREDE!

27 e 28 de setembro Trends&Technology, o encontro para a mellora competitiva- O Cluster do Produto Gráfico e do Libro Galego celebrará os próximos 27 e 28 de setembro en Santiago de Compostela un encontro dirixido a fomentar a competitividade das empresas que forman parte da cadea de valor do produto gráfico.
Trends&Technology que terá lugar os próximos 27 e 28 de setembro en Santiago de Compostela xorde como un novo proxecto posto en marcha polo Cluster do Produto Gráfico e do Libro Galego ao ronsel do ciclo Trends&Creativity inaugurado en 2010.
Trends&Creativity cuxa primeira edición tivo lugar en novembro de 2010 foi deseñado como un ciclo de seminarios centrados nas tendencias e a creatividade, considerando a estas como ferramentas para fomentar a competitividade das empresas galegas. O éxito desta iniciativa que contou coa participación de máis de 250 persoas en total o catro días que durou o ciclo e cun amplo panel de relatores de toda España, leva este ano ao Cluster que lanzará a segunda edición do ciclo a completala con esta nova liña Trends&Technology, un encontro máis orientado aos cambios que producen o TIC no sector.
O programa de Trends&Technology que durará dous días divídese en catro bloques temáticos os cales se abordarán a través da visión de expertos e casos de empresas ou proxectos. (Descargar programa)
[Vía Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego]

Premios Xerais 2011
O 11 de xuño coñeceremos ao vivo os Premios Xerais 2011-
A entrega será retransmitida en directo a través do blogue de Xerais e blogaliza.tv.
O xurado da XXVIII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros e no que concorren corenta obras, está formado por: Francisco Pérez Lorenzo (xornalista), Pemón Bouzas (escritor e xornalista), Paula Gómez del Valle (fotógrafa e profesora), Jorge da Cunha (notario), Berta Dávila (escritora) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.
O xurado da V edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros e no que concorren vinte e tres obras, esta formado por Isabel Bilbao Freire (representante da Fundación Caixa Galicia), Susana Piñeiro Paz (profesora de Secundaria), María Dolores Tobío Iglesias (profesora de Secundaria), Sabela Vilar Estévez (estudante de 4º da ESO), Andrea Ramos Queixas (estudante de 3º da ESO) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.
O xurado da XXVI edición Premio Merlín de Literatura Infantil , dotado con 10.000 euros e no que concorren corenta e seis obras, está formado por: Rodrígo Chao Blanco (ilustrador), Julia González González (mestra de Primaria e bibliotecaria), Antonio Reigosa Carreiras (escritor e gañador do Premio Merlín, 1998), Ángeles Roca López (bibliotecaria), Gracia Santorum López (profesora de Secundaria e blogueira), e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.

VENTO LOIS: recital expansivo o 12 de maio- A seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 20:00 h.: lectura de textos de Lois, sobre Lois, música, performances, teatro… Se podes argallar ou contribuír a argallar calquera acto, institucional ou persoal, en calquera lugar --bar, praza, monte, praia, recinto cultural- para ese día e esa hora, faino ou, como remataba Lois a súa Modesta proposición: "quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo… (por exemplo)".
Na web de Lois Pereiro habilítase un espazo para anotar as iniciativas de cada localidade, e así organizar xente, propostas e esforzos. As dúbidas ao enderezo oficial loispereiro2011@gmail.com.
PROPOSTA DE ESCALETA VENTO LOIS (12 de maio de 2011)
1. LECTURA DO MANIFESTO LOISISTA:
Loita, furia, humor… Amén!
Vivimos malos tempos para a reflexión e a resistencia neste imperio zombie de Microsoft mental.
¿E de que parte estaba eu? Da parte dos que intenten dalgún xeito non contribuír a que esa roda opresiva e maldita (unha historia da infamia que xa non nos permite ser inxenuos) continúe a xirar eternamente, perpetuando, cun cíclico cambio de papeis de amos ou escravos, a mesma situación ata que a terra estoupe de noxo e perversión, farta de nós.
Se alguén non o sabía xa é que estaba cego: non queremos ter amos.
Pode que xa nos atopemos a poucos metros da nosa extinción, pero o sentido do humor pervivirá sempre, e o sentido crítico deixa un rastro detrás, con mans, sen elas, cos miolos no cranio ou espallados polo chan. Volveremos á terra, e aos outros elementos primordiais. Como dicía Zeca Afonso: "Camaradas de armas dos catro elementos!…"
Agora aínda teño liberdade de opción para exiliar o meu espírito no Ártico, en Asia ou no Nepal, e teño permiso para que nada humano me sexa alleo. Por iso podo decidir militar na miña propia lingua, "porque me peta e quero e dáme a gaña…". Moitas culturas crúzanse no meu espírito e no meu corazón non hai fronteiras. Ninguén me impediu nunca ser máis crítico e sarcástico co que eu sinto máis meu, propio e herdado.
Se me permite seguir axudando á defensa que non procura dominar nin agredir, seguirá a ser unha loita compartida por min: da tropa dos vencidos. Terra, Lingua, Cultura, Dereito á diferenza. Mente aberta ao mundo… e nada máis.
Defendámonos, logo, caladamente, con furia, ou con humor tibetano, pero non transixamos cunha soia agresión máis.
Sempre haberá novas vías para resistir, para opoñernos e non ser submisos, como a estratexia humilde e provocadora de Bartleby, o gris e lúcido escribente de Melville, que para non someterse sen máis ás ordes arbitrarias, dicía simplemente, sen ira, pero teimosamente: «Preferiría non facelo».
A reflexión, as ideas, a creación ou as palabras. A arte e a cultura é sempre o que me salva da tentación da morte e me anima a reiniciar.
A verdadeira poesía nunca minte, por ferinte que sexa. Quen crea algo sen intencións perversas é inocente da súa posible perversión. Bernhard, Beckett, Cioran, Genet, Celan, Valente, Shopenhauer, Pound, Carver, Poe… tiñan razón, temos razón. E tiñan razón Yeats, Dylan Thomas, Eliot, Joyce, Homero, Dante… temos razón tamén a un tempo, como todos os atormentados ou felices pintores da Beleza e das tebras que cohabitan comigo o meu cerebro, discutindo sen pausa dentro da miña alma…
E a verdade é que «na miña vida nunca vin máis que tolos e enfermos» (Bernhard); que «Morrer é ben doado; vivir é o difícil» (Maiakowski) e tamén que «Vivir é fácil. Arduo sobrevivir ao vivido» (Valente).
O obxectivo ha ser sempre un Universo que se expande.
A dor, a escuridade, o mal tamén existen por nós e contra nós, pero axudan a que a beleza e o pracer sexan aínda máis brillantes. Por iso non debemos evitar, para aforrarnos sufrimento, a parte máis escura en cada cousa, porque produce a lucidez e o horror de seu coñecemento.
Aprender é unha vitoria. Dubidar é unha loita continua, e a Crítica nunca hai que desterrala.
Porque se non hai dogmas nin bandeiras que nos guíen estamos obrigados a escoller as cousas e as ideas máis dignas do noso nivel de ética e de xenerosidade, sen o inxenuo optimismo escarmentado, e sen un pesimismo opaco e ben alimentado que nos deteña e nos permita unha indiferente neutralidade falsa.
Xa non imos ser cómplices do que nos indigne ou nos avergoñe. Nada é inmutable. Todo se transforma. Amén.
(Escolma de Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, de Lois Pereiro)
2. RECITAL: lectura participativa de poemas de Lois.
3. INTERVENCIÓNS: lectura de textos e mensaxes a/sobre Lois.
4. MÚSICA & OUTROS: cancións en directo ou gravadas, escenificacións, performances…
VENTOS CONFIRMADOS
LIMOGES: No Instituto Léonard Limosin, ás 10:00 horas, os alumnos de último ano lerán poemas diante unha pequena exposición con fotos, poemas e debuxos no hall do recreo. E, ás 20:00 horas, no Centro Cultural Municipal Jean Moulin, actuación do grupo VACARM (Voyager avec les cheminots amoureux de la résonance des mots = Viaxar cos ferroviarios namorados da resonancia das palabras).
MONFORTE: O xoves 12 ás 12:00 h. todos os centros de ensino da vila pararán para realizar lecturas de Lois Pereiro. Ás 20:00 h. no Salón de actos do Centro do Viño terá lugar un recital aberto sobre textos de Lois.
MADRID: Galego en Madrid-Espazo das Linguas Ibéricas (proxecto da Xunta de Galicia, Universidad de Alcalá, Instituto Cervantes …) organiza un acto que terá lugar entre as 18:00 e as 21:00 h. no Instituto Homeopático y Hospital San José (Rúa Eloy Gonzalo 3-5). Comezará coa lectura do Manifesto Loisista, seguirá co coloquio Lois Pereiro entre Galicia e Madrid, con María Xesús Nogueira e Luis Luna, continuará cun recital dos estudantes do curso de galego e poetas convidados, e finalizará con arte, música e comida dos propios alumnos.
SANTIAGO: A partir das 19:00 h. no Local Sociocultural da Caramoniña, na cima do parque de Bonaval, terá lugar a acción sentimental Aclamación a Pereiro, concerto do Leo, lectura do Manifesto Loisista por Paco Macías, organizado polo Concello de Santiago de Compostela.
SARRIA: Ás 20:00 h. na Casa da Cultura lectura de poemas de Lois Pereiro.
FENE: A partir das 20:00 h. no Casino de Perlío haberá un recital VENTO LOIS a cargo dos e das participantes do obradoiro literario que se desenvolve cada venres, desde hai 10 anos, na Biblioteca Municipal (Museo do Humor). Leranse poemas de lois e mais poemas propios na súa homenaxe.
BERGONDO: Ás 20:00 h. no Edificio da Senra, o grupo Eolo Teatro estrea Recitalois, baixo a dirección de Willy Eter.
GONDOMAR: A partir das 20:00 h. a Asociación Espazo Lectura celebrará unha lectura de poemas de Lois Pereiro na Cafetaría Rañolas (Rúa Otero Pedrayo, 3), precedida por Gonzalo Navaza, quen lerá o Manifesto Loisista.
CARBALLO: Ás 20:00 h., no Pazo da Cultura, lectura do Manifesto Loisista; presentación do libro Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, de Mercedes Queixas, coa participación da autora e de Francisco Pillado; e lectura compartida de textos e poemas de Lois Pereiro. Organizado pola A. C. Lumieira e a colaboración da Editorial Laiovento e o Concello de Carballo.
VIGO: Ás 12:00, no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución, o grupo de investigación GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Literatura e da Tradutoloxía) do Departamento de Filoloxía Galega e Latina organiza un recital de poemas de Lois Pereiro e traducións ao inglés, alemán, francés e catalán, proxección de vídeos e música sobre Lois e unha conferencia de Manuel Forcadela, xunto á presentación do libro Que lle podo ofrecer a quen me intente?, monográfico Lois Pereiro publicado en Xerais, e elaborado polo GAELT baixo a coordinación de Anxo Angueira e Teresa Bermúdez. A partir das 20:00 h., inauguración da exposición Lois Pereiro. Lírica Punk, no Verbum (Avenida de Samil, 17), onde Ramón Nicolás lerá o Manifesto Loisista e Marcos Calveiro recitará poemas de Lois.
SADA: Ás 20:00 h., no Centro Xuvenil do Concello de Sada: lectura dun guión biográfico sobre Lois intercalado con poemas do mesmo (as lecturas serán realizadas por integrantes da Asociación, alumnos dos centros de ensino e todo aquel que esta interesado) e posterior lectura de textos de autores locais en galego e/ou sobre a lingua. Organizado polo Concello e a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.
RIBEIRA: Ás 20:00 horas, organizado polo Grupo Pinche en colaboración co IES Leliadoura e o Departamento de EF dese centro, o VENTO LOIS zoará desde diversos bares e tabernas baixo o principio «Se mahoma nom vem a montanha, imos levar a montanha a mahoma ainda que seja a caldeiros!». Os locais serán: Capitán Morgan, A Caverna, Albatros, Ateneo Valle Inclán (Bar Plaza) e A Taberna do Riaso.
FERROL: A partir das 20:00 horas, organizado polo Ateneo Ferrolán, en colaboración co Concello, no Cantón de Molíns (Praza da Constitución): letras colgadas en globos simbolizando o Manifesto Loisista, e que serán botadas ao VENTO, Lectura do Manifesto polo presidente do Ateneo, reparto do mesmo o público asistente na rúa e lectura de poemas.
LALÍN: Ás 20:30 h. no IES Ramón Aller, lectura do Manifesto e despois conferencia de Antón Losada, co título: Que foi da Galicia de Lois?. Organizados por A. C. O Naranxo e Queremos Galego Deza.
OURENSE: A partir das 20:30 horas, representación de Mundo Lois na Sala Principal do Auditorio Municipal. Ás 12:00 horas funcións escolares para o segundo ciclo da ESO e Bacharelato. Ás 18:00 h., na Livraria Torga, presentación do libro-cd-dvd Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro, coa lectura do Manifesto Loisista e dos oito poemas que forman o traballo, a cargo de Alexandro González, Lino Braxe e Roi Maceda, iniciando a exposición de 9 ilustracións de Pedro Villarejo na mesma libraría até o 10 de xuño. Ás 20:00 horas, a veciñanza da Ponte Canedo (Ourense) súmase cun acto no Centro Cívico da Ponte (Rúa Euloxio Gómez Franqueira, 43), consistente na lectura do Manifesto Loisista, a proxección do vídeo Declaración, a lectura de poemas do autor a cargo de veciñas e veciños do barrio, xunto á interpretación dunha peza de Bach en directo. Tamén haberá actividades infantís que gardan relación con Lois Pereiro.
A CORUÑA: Ás 21:00 h. no Antigo Cárcere Provincial, concerto en homenaxe a Lois de Ulträqäns e Loretta Martin, e recital de Cesáreo Sánchez Iglesias, Xulio López Valcárcel e Antía Otero, nun acto presentado por Manuel Rivas e Xurxo Souto. Ás 19:30 h., no FNAC, Chelo Suárez aproveitará a presentación do seu libro As horas rotas para ler poemas seus en homenaxe a Lois, mentres que, a esa mesma hora, 20:00, no salón de actos da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés ‘Fantoches Baj’ representará o espectáculo Poesía última de Lois Pereiro; e no Museo de Belas Artes lerase o Manifesto Loisista, proxectaranse varios videopoemas de Pedro Ramos sobre a obra de Lois, e haberá un recital coa participación de Andrés Ibáñez, Olga Patiño, Tiago Acosta, Juan García e Uxía Vázquez.
BETANZOS: Ás 20:30 horas, a A. C. Eira Vella desenvolverá a homenaxe a Lois coa participación de alumnado do IES Francisco Aguiar lendo poemas de Lois (percorrerán o propio día 12, de 10:30 a 12:30 h., o casco histórico de Betanzos para capturaren imaxes baixo a inspiración duns poucos textos escollidos da obra de Lois, vinculando a imaxe coa letra) e a proxección dun vídeo do Equipo de Normalización Lingüística do CEIP Vales Villamarín coas voces dos nenos e nenas contando a vida e obra de Lois. A xente de Eira Vella tamén lerá o manifesto e recitará algún poema ou texto.
BUEU: Ás 20:30 horas, recital con poesía e música de e sobre Lois no Bar Aturuxo (Rúa Pazos Fontenla, 59).
TUI: A partir das 20:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal, lectura do Manifesto Loisista, recital de poemas e música ao vivo.
ARTEIXO: Ás 20:30 horas, no Café Concerto Bata de Guata (Rúa Xeneral Mosquera Palleiro, 2, xunto ao paseo fluvial), lectura de poemas e música a cargo de Cántigas da Terra, Tati Mancebo e Antón Borrazás.
CANGAS: A partir das 22:00 horas, no Pub Canis Lupus (Rúa Ferrol, 22), lectura do manifiesto Loisista e a continuación audición colectiva do CD dos poemas de Lois. Recita O Leo, con música de Alfonso Camarero.
PARÍS: O VENTO LOIS chegará o venres 13 de maio de 18:00 a 20:00 h. na sala 1.3 do Instituto Cervantes de París, xa que non foi posible organizalo o día 12. Lerase Manifesto Loisista, recitaranse e comentaranse poemas del, e visionaranse vídeos e imaxes súas, escoitando a súa autobiografía e poemas musicados. Os actos están organizados polo Centro de Estudos Galegos.
(Vía web de Lois Pereiro)

