Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivado en Xeral

Arquivado: 1 2 3 4 5 ... 999999



06.
Xaneiro
ás 22:21
0

Flores falsas

arquivado en: avidablog, Imaxines, galEGO, Xeral

Flores falsasAs cousas de plástico, ás veces teñen máis vida que as naturais. Ó mellor non ulen, non podrecen co tempo, non se reproducen,… pero permanecen impasibles ó longo dos días e mostran a mesma imaxe semán tras semán.

En ocasións síntome así, de plástico, inmutable, pero cunha imaxe externa impecable. Será o momento de cambiar de floreiro.





02.
Xaneiro
ás 21:36
0

Todo se pega

arquivado en: avidablog, Imaxines, galEGO, Xeral

Todo se PegaHai quen pensa que cando se mete unha mazá podre nun cesto cheo de mazás, todas acabarán podrecendo máis rapidamente por culpa desta.

A min non me gusta pensar así. Prefiro chegar un pouco máis alá e considerar que esa mazá é capaz de modificar e influir no resto, o suficiente como para notarse no comportamento xeneralizado e trocar o discurrir habitual das cousas. Outra cousa é valorar despois se este cambio foi ou non para mellor.

De xeito natural, consideramos que os cambios iniciados de maneira brusca son rexeitables por principio. Será cuestión de acomodo ou de medo ó “qué será si”, pero dende logo poucas cousas cambiaron a base de pequenas modificacións ó longo do tempo. Igual a evolución humana no sentido darwiniano… ou nin tan sequera iso!





01.
Xaneiro
ás 21:33
6

Os fillos únicos sabemos o que somos

arquivado en: avidablog, Imaxines, galEGO, Xeral

Pero tamén sabemos o que aparentamos. Fálase de vanidade, de ser caprichoso, do egocentrismo, de ser mimado,… e algún feixe de adxetivos calificativos máis. Pero tamén vestimos outras características estereotipadas, coma a falta de competitividade, a entrega, a xenerosidade ou un maior desenrolo da capacidade inventiva.

E é que a personalidade de cada un faise cunha pequena porcentaxe dun mesmo e bastantes gotas do teu entorno de influencia. Se é porque tes un irmán, este será o motivo polo que te verás marcado o resto da túa vida… e se non os tes, fai por rodearte de bos amigos e deixarte impregnar por eles.

Non dependas do que digan de ti e fai por provocalo.





31.
Decembro
ás 0:01
0

A vida Pac Man

arquivado en: Imaxines, avidablog, Ceros e uns, Ciberlingua, galEGO, Xeral

    Pac-ManNa vida Pac-Man hay trescentas sesenta e cinco, ou sesenta e seis algunhas veces, boliñas blancas que hai que ir comendo unha tras outra. Non hai unha orde prefixada de antemán, pero sí certas pantasmas que tratan de cruzarse no camiño e que hai que evitar por enriba de todo.

Pero entre esas boliñas, tamén de vez en cando hai outras especiais, un pouquiño máis grandes, distintas, que fan cambiar as tornas e as pantasmas que nos asexan normalmente, mudan de cor e escapan espavoridas mentras as perseguimos para tratar de devoralas.

Así se vive normalmente, na vida Pac-Man, que ademáis é un reflexo claro da vida que levamos cada un de nós. Por iso, para o novo recheo de boliñas que comezará mañá, quero darlle outra reviravolta ó asunto.

Quero que enchades as vosas vidas de boliñas grandes, das que fan bulir de medo ás pantasmas e só moi de vez en cando, deixarei como aceptable poder probar unha das pequenas, para sentir o temor do que che podería facer algún mal… pero só iso, non permitirei que malgastedes nin unha soa vida… nin quero que volo permitades vos mesmos.

Porque ademáis, non o comentei antes, pero de vez en cando tamén aparecen algunhas doces cereixas…





20.
Novembro
ás 0:22
0

Unha miniguía para ir á capital Italiana

arquivado en: Multi-½, Imaxines, tomonota, PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Ciberlingua, Xeral

Fai hoxe 14 meses, facía unha miniguía para aqueles que tivesen interese en visitar Londres. Hoxe repito, coa idea de suxerir e axudar a aqueles que queiran coñecer Roma.

Guía para viaxar a Roma poucos cartos

 

…non é a lonliplane, pero algo é algo…







Arquivos: 1 2 3 4 5 ... 999999