Archive for the “Xeral” category

Poema de voda

018th Xuñ 2012Ciberlingua, eSementes, galEgo, Imaxines, tomonota, Xeral, , ,

Este é un poema para Irma e para Pablo. Escrito con amizade, cariño e complicidade.

Penso en debuxarte
Pechar os ollos e adiviñar o contorno
das túas mans, da túa boca
onde aniña o sorriso da tenrura

Quero sorprenderte
nunha illa xélida do norte
inventar unha ruta boreal
Coa liberdade de saber e gañarmos

Busco descubrirte
Encherche o pelo de todas as palabras
-quercus, tridacnas, ulex-
prendidas no tempo que nos une.

Invisto en soñarte
percorrendo almofadas
mentres a música dorme
On the Streets of Philadelphia

Falo de quererte
cada mañá de domingo
en illas golfos penínsulas diques
Atravesar sen compás a rosa dos ventos…

Decido seguirte
e construír rúas empedradas
que me leven paseniño
polos reflexos da túa voz.

Grazas por deixarnos formar parte do voso día!

Un PLE como outro calquera

04th Abr 2012avidablog, Ceros e Uns, eSementes, tomonota, Xeral, , , , , ,

Para un curso que estou a facer sobre tecnoloxías da aprendizaxe (bastante pésimo, por certo) tiven que desenvolver como sería o meu PLE (Personal Learning Environment).

Como pode que sexa de interese para alguén, vou deixar aquí o diagrama e se alguén quere consultar algo en particular, pois xa sabe…

PLE de Amador Loureiro

Os meus avatares no twitter (vol. 2)

024th Out 2011avidablog, Ceros e Uns, eSementes, galEgo, Imaxines, Xeral, , ,

Continuando o artigo Os meus avatares no twitter, aquí van os 9×9 avatares que cambiei, semanalmente, durante estes últimos meses.

…está a tamaño “orixinal” quitando o .mini do nome, por se alguén os quere.

 

Creative Commons License http://www.adorfunteca.org is licensed by dorfun under a Creative Commons Attribution-Noncommercial-Share Alike 3.0 United States License.