Vou retomar o blogue
Por dous motivos principais:
- Para xustificar(me) pagar por un dominio e un espazo web.
- Porque volvo a ter ganas de escribir cousas.
E vouno facer diariamente de luns a xoves, de venres a domingo xa veremos. Porque por enriba de todo sigo preferindo a miña vida analóxica que perder o tempo na rede.
As seccións diarias serán as seguintes (nomes aínda provisionais):
Luns: O que te perdiches filliño! No que falarei dalgún dos temas que durante a semana anterior máis me chamaron a atención.
Martes: Adopta un newbie. Vou adoptar persoas para que den o paso ao uso do software libre na súa vida diaria e aquí darei conta de pequenas utilidades ou recursos de uso común para que vaian seguindo o camiño comodamente.
Mércores: Medos, medias, modas e medios. Será a parte máis cultureta e na que tratarei de falar de música, libros, tecnoloxía, moda ou calquera cousa que se me antolle no momento.
Xoves: Ora et labora. Conterá toda a información que atope de interese sobre o mundo laboral a eficiencia no traballo e os bos costumes que un debería ter na súa vida privada e profesional.
O resto dos días, veremos se falo de algo.




