Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivado en Ceros e uns

Arquivado: 1 2 3 4 5 ... 999999



16.
Outubro
ás 22:00
2

…búscase país sen límites…

arquivado en: Multi-½, Imaxines, tomonota, PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Ciberlingua, Xeral

Fechado





19.
Setembro
ás 18:59
0

Polbo solidario

arquivado en: Imaxines, tomonota, eSementes, Multi-½, PolÉtica, galEGO, Ciberlingua, Ceros e uns, Xeral

…por que oito tentáculos non son suficientes…

Rede Galega de Bitácoras

Como xa anunciei [Calidonia] na lista de Blogaliza e falando con algunha xente da internet galega, este sábado varios blogueir@s imos ir a Mugardos para visitar aos veciños de Meá pechados no Concello en protesta pola construción e posta en funcionamento claramente ilegais da planta regasificadora de REGANOSA. Trátase de facer unha visita aos veciños, que xa manifestaron o seu entusiasmo por este apoio, e aproveitar para botar un polBo solidario na mesma parroquia onde se ergue o enxendro.

A Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá ten un blogue e nel podedes comprobar que levan case dous meses pechados, recibindo visitas e mostras de solidariedade de cidadáns, intelectuais e artistas como: Mabel Rivera, Joao Afonso, Luís Pastor, Sala NASA, Xurxo Souto, Carlos Taibo, Lino Braxe, Xosé Manuel Beiras, Manuel Rivas, Pedro de Llano, Faltriqueira, Eva Veiga, Antón Reixa, Os Cempés… así como de diversas asociacións e colectivos de natureza diversa.

A idea é que estaría moi ben que a rede galega e a cidadanía activa non ficara á marxe deste movemento. Por iso propóñoche que mostres o teu apoio aos veciños, de varios xeitos:

- Asinando un manifesto (co teu nome, co teu nick na rede, ou simplemente co nome da túa bitácora ou páxina web) de apoio e solidariedade que podes ler e firmar aquí mesmo deixando un simple comentario na anotación. Como verás, o manifesto acho que é propositivo, asisado e bastante razoábel.

- Publicando esta convocatoria ou o texto do manifesto no teu blogue ou páxina web. Estou convencido de que o activismo na rede galega dista moito de estar durmido e que o compromiso de moit@s de vós coas causas que pagan a apena (esta e moitas outras) está fóra de toda dúbida. Podes aproveitar se queres este deseño feito por Artritris.

- Xantando un polbo solidario na parroquia de Meá, confirmando a túa asistencia deixando un comentario máis abaixo nesta mesma páxina. Nos comentarios iremos informando do que se vaia pechando e concertando a respecto desta cita (detalles do xantar, desprazamentos compartidos e demais detalles). A reserva de prazas para o xantar hai que facela antes do venres 21 a mediodía (14h), un día antes do xantar. O único fixo no menú é o polbo, e imos tentar que o prezo sexa todo o proporcionado que poidamos e limitado ao que custe.

A cita é en Mugardos este sábado día 22 ás 13::00 h en frente da Casa do Concello. Este é o lugar onde combinarmos.

Todas as vicisitudes que rodean este tinglado seguramente xa as terás lido en varios lugares da rede, grazas ao ciberactivismo que veñen despregando os membros da Plataforma e do Comité Cidadán de Emerxencia e boa parte da cidadanía. Non as vou repetir aquí e tan só che indicarei un bo e variado resumo en orde cronolóxica. Moita xente viuse a obrigada a publicar e publicitar na rede diante do clamoroso silencio e das rexeitábeis contrainformacións despregadas polos medios de comunicación tradicionais, incluídos os públicos.

Estou convencido de que o activismo na rede galega dista moito de estar durmido e que o compromiso de moit@s de vós coas causas que pagan a pena (esta e moitas outras) está fóra de toda dúbida.

Unha aperta

Calidonia





17.
Setembro
ás 8:07
7

cinco cousas que me gustaría ter

arquivado en: Imaxines, tomonota, Multi-½, Ceros e uns, galEGO, Ciberlingua, Xeral

…pásame anllo este meme, que vou respostar por responsabilidade, pero que non vou continuar, polo mesmo motivo… (ou polo menos non directamente, que cada un faga o que queira…)

Entendo que esas cinco cousas teñen que ser materiais e de tipo tecnolóxico, así que…

Gustaríame ter un proxector de video, que aceptase todo tipo de entradas e que fose capaz de interaccionar co usuario de xeito táctil, é dicir, que se proxecta un botón sobre unha superficie (calquera) e toco nesa imaxe do botón, accione o mesmo.

Tamén un teléfono móbil que só tivese un botón (para encender e apagar) e o resto da interoperabilidade fose de xeito táctil e por voz, sendo maioritariamente preferible o segundo.

Unha cámara fotográfica que fose deseñada exactamente igual que o ollo humán. Non quero zooms, nin flashes, nin modos, nin caralladas, só quero que saque exactamente as cousas que podo ver a simple vista, xa ela se amañará en cómo facelo…

Un ordenador de sobremesa ultracompacto, que me permita concectarme á rede e reproducir calquera tipo de audio e video. Iso que sería chamado a equipa multimedia perfecta e de tamaño ínfimo. Omito falar do sistema operativo que o xestione, pero que sexa tan sinxelo como o do teléfono anterior.

Dispositivos de acceso á rede por todos lados, aparellos, conexións, dispositivos,… que permitan estar case a cada momento interconectado de forma dixital… por exemplo, porqué non aproveitar os milleiros de cabinas telefónicas infrautilizadas hoxe en día?

…igual algún día podo ter algunha destas cousas…





31.
Agosto
ás 9:29
0

Din de nós… e dicimos que falan [outra reseña para o Blog Day 2007]

arquivado en: Imaxines, tomonota, eSementes, Multi-½, PolÉtica, galEGO, Ciberlingua, Ceros e uns, Xeral

Blog Day 2007 Para continuar a historia do ano pasado, e como hoxe volve ser o Blog Day 2007, continúo a referenciar blogues que atopo por aí fora… e de novo encontro cousas que podan ser curiosas e/ou interesantes…

En particular, observo que realmente somos de moito máis interese do que nós mesmos cremos… ou do que o noso subconsciente nos autoconvence diariamente sen sentido…

Galician teachers in Limerick é un novo blogue que narra as vivencias dun mestre galego en Limerick, Irlanda… veremos como evolucionan as súas andanzas…
En CB9M chairman’s blog, podemos atopar os correos que o presidente desta comunidade de Manhattan vai recibindo e gardando para amosar publicamente. Entre outras cousas, figura este artigo para o New York Times asinado por Sarah Wildman… cunha referencia a Galiza nestes últimos días…

Talking Taiwanese, o blogue de Johan, recolle unha análise da linguaxe taiwanesa e nesta anotación ademáis, comparandoa coa lingua galega… ainda que non con moito tino Galician and Taiwanese are spoken outside Spain and Taiwan respectively: Galician in Argentina, Taiwanese in Southern China and Singapore… nalgún punto…

Galician Beauty, é quen asina e lle da nome a esta bitácora dunha neta de galegos, que vive en Almería, pero que é inglesa,… uf! …pero que parece amar o noso país…

Iberian Nature, non é un blogue destinado integramente a Galiza, pero ten unha sección para amosar os nosos encantos naturais e paisaxísticos, para os falantes de lingua inglesa. Unha boa guía de referencia…

E como bonus track, quería engadir esta anotación que fala da xenética dos galegos, dende My Secret Stash, e di de nós: These findings suggest that the population of Galicia is the result of a relatively balanced mixture of European populations or of the ancestral populations that gave rise to them. This would support the importance of the migratory movements that have taken place in Europe over the course of recent human history and their effects on the European genetic landscape.

…algunha suxerencia…





30.
Agosto
ás 6:30
2

Probando redes sociais… a soas.

arquivado en: Multi-½, Imaxines, tomonota, PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Ciberlingua, Xeral

Que as redes socias nos están invadindo non é cousa nova, pero o calado que están a ter na nosa sociedade real é un pouco menos relevante do que pretenden… ou do que realmente correspondería.

Tres ou catro son as máis coñecidas, pero pouco implantadas no noso país e ainda menos como producto patrio. E é que probablemente as nosas relacións sociais son antidixitais e máis de taberna e lareira. De feito, as poucas redes sociais que existen xa están máis ou menos coexionadas e non precisan de outro espazo no que participar…. ou sí.

En calquera caso, fai un tempo andiven revisando qué cousas había por aí que poderían servir para ter un servizo de redes sociais dende galiza. Feito para nós e con todas as características básicas que precisaría para poder ser de utilidade na comunidade galega.

As seis escollidas para probar foron: AroundMe, Dolphin, Elgg, OpenPNE, co PeopleAgregator e PHPizabi. De feito, catro delas instaleinas para ver cómo ían cada unha.

Argalladas co Dolphin, co Elgg, co PeopleAgregator e co PHPizabi.

Así que agora deixo aquí as ligazóns por se alguén quere probalas e barallar a posibilidade de montar unha, mentras agardamos pola máis esperada…

Por certo, que nas argalladas, se alguén quere que instale algo para probar, só ten que pedilo…

Ah! e por argallar algo, no facebook, montouse un grupo para Chuza! e outro para blogaliza… tamén para pasar o rato quen queira apuntarse…







Arquivos: 1 2 3 4 5 ... 999999