Empezando por B un animal de compañía Un Bárcenas… ¿Un…
- Empezando por B un animal de compañía
- Un Bárcenas…
- ¿Un Bárcenas?
- “Vale”
Es mi scrattchergories y me lo llevo!
…todo o que me pasa polo maxín!
Es mi scrattchergories y me lo llevo!
Este é un poema para Irma e para Pablo. Escrito con amizade, cariño e complicidade.
Penso en debuxarte
Pechar os ollos e adiviñar o contorno
das túas mans, da túa boca
onde aniña o sorriso da tenrura
Quero sorprenderte
nunha illa xélida do norte
inventar unha ruta boreal
Coa liberdade de saber e gañarmos
Busco descubrirte
Encherche o pelo de todas as palabras
-quercus, tridacnas, ulex-
prendidas no tempo que nos une.
Invisto en soñarte
percorrendo almofadas
mentres a música dorme
On the Streets of Philadelphia
Falo de quererte
cada mañá de domingo
en illas golfos penínsulas diques
Atravesar sen compás a rosa dos ventos…
Decido seguirte
e construír rúas empedradas
que me leven paseniño
polos reflexos da túa voz.
Grazas por deixarnos formar parte do voso día!
Para un curso que estou a facer sobre tecnoloxías da aprendizaxe (bastante pésimo, por certo) tiven que desenvolver como sería o meu PLE (Personal Learning Environment).
Como pode que sexa de interese para alguén, vou deixar aquí o diagrama e se alguén quere consultar algo en particular, pois xa sabe…
http://www.adorfunteca.org is licensed by dorfun under a Creative Commons Attribution-Noncommercial-Share Alike 3.0 United States License.