Os beneficios da tecnoloxía

019th Xan 2011Xeral, , , , , ,

A tecnoloxía está mellorando a calidade da vida humana en moi diversos aspectos:

1. Dependencia enerxética. O consumo eléctrico dos novos dispositivos obríganos a ter cerca unha fonte eléctrica que nos permita recargalos.

2. Fenda social. Agora xa non é suficiente coa diferencia económica xa que se vives en lugares aillados e/ou de dificil orografía a tecnoloxía dache as costas.

3. Lixo electrónico. Primeiro saqueamos as minas produtivas en países non desenvolvidos sen analizar os comos e logo levámoslles os nosos desperdicios para que o amontonen tamén nas súas terras.

4. Clientelismo das marcas. Non chega con ter o obxecto, as redes da empresa fabricante envolverate para que sigas consumindo os seus servizos mentras te devora.

5. Independencia das formas. Se tes unha batería non poderás usala con outro dispositivo, nin o cargador, nin os accesorios, nin…

…por non citar os formatos de datos usados ou as relacións de custo de produción e venta ou…

No Comments Feed de comentarios

Add a Comment