Este é un convite público para axudarche a dar o salto a GNU/Linux.

Unha das primeiras frases que di unha persoa con intención de cambiar ao software libre é “si, pero se me falla algo a quen recurro?“. E a barreira principal para moverse a esta alternativa libre é a sensación de descoñecemento.
Pois porque ninguén naceu aprendido, ofrezo a miña axuda a dúas persoas que queiran pasarse a algunha distribución de GNU/Linux, preferiblemente baseada en Debian coma Ubuntu ou Linux Mint.
Non vou garantir que solucione todos os problemas, pero si que o intentarei. E que responderei a dúbidas, consultas, suxestións, etc. Ben por correo, mensaxería instantánea ou en persoa.
Só vou pedir un compromiso. Se dentro dun ano a persoa xa está familiarizada e se manexa con soltura neste novo entorno, entón terá que repetir o proceso con dúas persoas máis. Todos sabemos como funciona unha progresión xeométrica, non?
Agardo por ti!