Archive for Novembro, 2009
dorfun • 5th Nov 2009 • avidablog, Ceros e Uns, tomonota, Xeral
Moitas son as persoas que coñecen algún método de organización coma o famoso Getting things done (GTD) pero poucas as que realmente fan uso destes procesos.
Tamén existen centos de ferramentas para levar control das tarefas, pero poucas as que saen do noso país.
A empresa compostelá GolleGolle está depurando unha pequena aplicación web chamada GupiGupi, que pese aos simpáticos nomes é bastante seria.

Como pode verse na imaxe, a aplicación garda os estilos dos sitema operativo de Apple, pero para executala hai que visitar a web, de momento con invitación.
dorfun • 4th Nov 2009 • Imaxines, tomonota, Xeral
Este foi o meu reloxio durante todo o verán.
Un Breo Roam Glow in the dark.
Merqueino porque era pequeno, era cómodo, sumerxible e de goma. Quería un reloxio que parecese unha pulseira e que puidese levalo posto TODO o tempo e efectivamente así foi, porque non o quitei nin na praia, nin na ducha, nin para durmir…
E pese a que pareza algo moi simple, xusto por iso levou o Good Design award 2008. Pero o mellor de todo é que custa pouco máis de 20€
Moda, deseño e prezo ben combinados.
dorfun • 3rd Nov 2009 • Ceros e Uns, Imaxines, tomonota, Xeral
Este é un convite público para axudarche a dar o salto a GNU/Linux.

Unha das primeiras frases que di unha persoa con intención de cambiar ao software libre é “si, pero se me falla algo a quen recurro?“. E a barreira principal para moverse a esta alternativa libre é a sensación de descoñecemento.
Pois porque ninguén naceu aprendido, ofrezo a miña axuda a dúas persoas que queiran pasarse a algunha distribución de GNU/Linux, preferiblemente baseada en Debian coma Ubuntu ou Linux Mint.
Non vou garantir que solucione todos os problemas, pero si que o intentarei. E que responderei a dúbidas, consultas, suxestións, etc. Ben por correo, mensaxería instantánea ou en persoa.
Só vou pedir un compromiso. Se dentro dun ano a persoa xa está familiarizada e se manexa con soltura neste novo entorno, entón terá que repetir o proceso con dúas persoas máis. Todos sabemos como funciona unha progresión xeométrica, non?
Agardo por ti!