Non hai cousa que máis me espante que ver unha empresa poñendo como enderezo electrónico de contacto baixo dominio hotmail, yahoo, gmail, etc.
Non entendo como, custando menos de 10€ anuais a posesión dun dominio na rede, estas empresas non teñen un enderezo coma a xente. Supoño que será cuestión de educación tecnolóxica.
O conto é que ainda así, os enderezos de correo electrónico, non deberían depender do contido antes da @. As probabilidades de lembrar unha conta de email, decrecen a medida que tes máis contactos na túa axenda, así que porqué non eliminar os usuarios e quedar só cos dominios.
No meu caso, escribas o que escribas antes de @adorfunteca.org chegarame igualmente ao meu buzón de correo.
Sobre o xeito de eliminar lixo e organizar o correo… xa é outro conto, pero imaxina o ben que podes filtrar os correos, dependendo de cómo e onde os rexistraches. Podes usar algo así como youtube@adorfunteca.org para rexistrarte nese servizo ou subscriciónaweb@adorfunteca.org para unha subscrición por correo electrónico a algunha páxina en particular.