A dorfunteca CLI Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Por unha universidade libre e aberta… pero de verdade

Eu estou convencido de que os xeitos de aprendizaxe nos próximos anos cambiarán. Non por parte das entidades xa establecidas, que obviamente tratarán de manter a estructura endogámica e pechada que levan defendendo séculos, senón porque a sociedade demandará outro tipo de formación.

Nese sentido, eu avogo por un ensino aberto, libre e sobre todo, de calidade. O único xeito neste momento de ofrecer algo así é a organización colectiva na rede. As ferramentas de ensino en liña, ben utilizadas, están xa o suficientemente desenvoltas como para poder xestionar completamente un contido educativo completo.

Agora só fai falla poñer dacordo aos especialistas no seu campo, para que aposten por defender as súas aulas fora do encorsetado programa académico tradicional. Se mañán abren unha universidade na que eu poda escoller entre diversas materias, guiadas por verdadeiros especialistas no seu tema, alí estarei de primeiro.

Sen comentarios