A dorfunteca CLI Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

O meu móbil non ten números

Eu creo que xa comentei isto algunha vez, pero repito por pesado.

Non entendo porqué as compañías de telefonía móbil non promocionan os teléfonos con letras. Cansados estamos de ver os teléfonos americanos 1-800-palabra, onde palabra é unha combinación de caracteres do máis variopinto: flowers, beisbol, dentist,… E por estas terras o único que coñezo (algún haberá máis) é o 902-arriva, de atención telefónica da compañía.

Tanto Yoigo como Simyo habilitaron unha pseudoescolla do número de teléfono, na que máis ben permitían seleccionar catro cifras consecutivas, pero algo é algo.

A diferencia entre lembrar números de teléfono ou palabras, penso que é máis que notable, non?

Eu até que consiga un 6xxamador (6xxdorfun tamén valería) non hei parar.

Sen comentarios