A dorfunteca CLI Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Nace interesa.me

A estas alturas, falar de fontes de novas e sindicación de contidos é un pouco aburrido. O concepto xa está máis que pillado, pero o problema agora é facelo realmente útil porque a cousa está a desbordar.

Eu utilizo unha mistura de varios sistemas, para tratar de non morrer aplastado pola información, pero o conto é que por fin saiu unha páxina que ten a ferramenta que precisaba.

Interesa.me combina a funcionalidade do Google Reader coa estructura do vello Bloglines e a imaxe do Netvibes, pero ademais aporta esa parte de análise que lle falta aos citados.

Interesa.me permite almacenar todas as fontes de interese que ten cada un baixo un etiquetado afín á temática da nova orixe. Pero ademáis se no teu entorno tes amizades que comparten esa temática, combina as etiquetas de xeito que aporta máis información mediante a valoración conxunta das novas. Así cando sinalas algunha nova interesante, no teu grupo de contactos gaña en valor e vai medrando a medida que ao resto lles parece igualmente relevante e lle van dando o seu voto.

Tamén, é capaz de analizar os pingbacks e trackbacks incluidos, de xeito que elimina todas aquelas novas que non aportan máis contido que a referencia, ofrecendo sempre a ligazón inicial e así sempre acudes á fonte orixinal de partida.

A combinación de rede social, lector de novas e control editorial non xerárquico, fornece de valor este servizo, que mantén na portada o contido mellor valorado pola comunidade. Realmente prometedor.

[Por ver de retomar algo de vida neste blogue, vou ir poñendo algunha desas cousas que non existen, como esta... de momento!]

[E efectivamente non se pode comentar, non é un erro.]

Sen comentarios