Archive for Abril, 2009

O meu enderezo de correo electrónico é un dominio

030th Abr 2009avidablog, Ceros e Uns, Imaxines, Xeral, , , , ,

Non hai cousa que máis me espante que ver unha empresa poñendo como enderezo electrónico de contacto baixo dominio hotmail, yahoo, gmail, etc.

Non entendo como, custando menos de 10€ anuais a posesión dun dominio na rede, estas empresas non teñen un enderezo coma a xente. Supoño que será cuestión de educación tecnolóxica.

O conto é que ainda así, os enderezos de correo electrónico, non deberían depender do contido antes da @. As probabilidades de lembrar unha conta de email, decrecen a medida que tes máis contactos na túa axenda, así que porqué non eliminar os usuarios e quedar só cos dominios.

No meu caso, escribas o que escribas antes de @adorfunteca.org chegarame igualmente ao meu buzón de correo.

Sobre o xeito de eliminar lixo e organizar o correo… xa é outro conto, pero imaxina o ben que podes filtrar os correos, dependendo de cómo e onde os rexistraches. Podes usar algo así como youtube@adorfunteca.org para rexistrarte nese servizo ou subscriciónaweb@adorfunteca.org para unha subscrición por correo electrónico a algunha páxina en particular.

Solicitar usuario e contrasinal é un atraso

029th Abr 2009avidablog, Ceros e Uns, Xeral, , , , ,

Na maior parte dos servizos web é un atraso solicitar un utente e contrasinal para esa aplicación. De feito, non se me ocorre ningunha páxina na que se debera manter esa estructura de rexistro.

Tendo en conta que un usuario ou usuaria non pode ter máis dun contrasinal e, por seguridade, os contrasinais non deberían repetirse e só usarse cun cometido único, é un pouco absurdo solicitar ambos datos.

Nun rexistro inicial, só sería preciso un contrasinal e enderezo de correo electrónico… e despois deixenme acceder só contrasinal e non me líen, anda!

Por unha universidade libre e aberta… pero de verdade

029th Abr 2009avidablog, Ceros e Uns, Ciberlingua, Imaxines, Xeral, , , , ,

Eu estou convencido de que os xeitos de aprendizaxe nos próximos anos cambiarán. Non por parte das entidades xa establecidas, que obviamente tratarán de manter a estructura endogámica e pechada que levan defendendo séculos, senón porque a sociedade demandará outro tipo de formación.

Nese sentido, eu avogo por un ensino aberto, libre e sobre todo, de calidade. O único xeito neste momento de ofrecer algo así é a organización colectiva na rede. As ferramentas de ensino en liña, ben utilizadas, están xa o suficientemente desenvoltas como para poder xestionar completamente un contido educativo completo.

Agora só fai falla poñer dacordo aos especialistas no seu campo, para que aposten por defender as súas aulas fora do encorsetado programa académico tradicional. Se mañán abren unha universidade na que eu poda escoller entre diversas materias, guiadas por verdadeiros especialistas no seu tema, alí estarei de primeiro.