Hoxe chegoume o documento da Seguridade Social, que recolle as cotizacións laborais dos últimos anos.
Entre a cantidade de datos que incluía, chamáronme a atención 4:
Así que púxenme a facer algún cálculo e atopei que salvando as datas nas que se ofrecían estas cifras, o salario medio dun pensionista é de case 795€.
Por outra banda, fai uns días saía a nova: A pensión media de xubilación do Sistema da Seguridade Social alcanzou este mes [xuño] a cuantía de 814,42€.
A sorpresa para mín é que as dúas cifras sexan tan próximas… para os xubilados do estado, a sorpresa é poder vivir con estes cartos.