Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Febreiro 5th, 2008



05.
Febreiro
ás 23:59
0

asubíos do 2008-02-05

arquivado en: eSementes

  • ,,,compartindo o de prison break… que xa me tarda que remate para esquecerme dunha p*** vez desta serie… #
  • …e marchando unha de actualización do kernel… #
  • …alguén ten unhas fías para limpar as mans? #
  • …rematando unha enquisa… encántame rebentar a estatística… #
  • …teño nos marcadores do firefox as oito últimas lapelas con aportacións dos contactos no twitter que se abren á vez para poñerme ó día… #
  • …pero ultimamente chegan con seis… #
  • …ah, pois non… chegan só cinco… que pouco faladora está a xente… e eu que desboto todo xunto en canto chega á casa… #
  • …mañá igual, para desestresar… empezo a botar asubíos ó chou… subrealistas… igual debería abrir un especial "call center twitter"… #
  • …estou convencido de que @pjorge e @davidgp son realmente a mesma persoa… e que é a filla do primeiro a que trata de aprende LaTex… #
  • …xa sei cando @andresmilleiro deixará de twittear… cando teña que facer a sua primeira declaración á facenda pública… #
  • …hoxe un motorista, meteuse unha ostia bestial diante do choio… agardo que se recupere, porque o asunto pintaba moi mal… #
  • …se algún día me teño que tirar ó monte… eilles pedir a @opaco e @calidonia que me recomenden zonas para perderme… (eilles leva h?) :D #
  • …o 70% da portada de trebellos está adicada a apple… creo que debería cambiar o seu nome a trebell OS X… (tadaaaaaa!) XD #
  • Watching: como convertir wordpress nun auténtico twitter … claridade, simpleza e información… http://tinyurl.com/2ota28 #
  • …god save the F5 key… e tamén o ctrl+shift+t… haberá camisetas así? #
  • …ningún galego cita hoxe a nova esa do Supermartes!? …vaia dende aquí a miña pequena homenaxe… e o meu voto primario a SuperPiñeiro… #
  • Watching: Google Maps and Twitter on SuperTuesday …democracia xeolocalizada e en tempo real… http://tinyurl.com/2zaaps//www.google.c#
  • …e ós que ainda non me eliminaron do twitter… direilles que xa me vou… pero están tardando… (prison break… here we go!) #
  • Looking at: Facebook | Speak Galician …vaia… un grupo a mar de interesante… http://tinyurl.com/2u36yy #
  • …nos chíos: dorfun: …esta mañá mandei un chío …: …esta mañá mandei un chío mobilizad.. http://tinyurl.com/353vdk #
    Etiquetags:




05.
Febreiro
ás 22:59
0

A min gustaríame ter un blogue no que falar de call centers

arquivado en: avidablog, Multi-½, PolÉtica, Ceros e uns, Xeral

…ou mellor dito, centros de contactos ou chamadas (de aquí en diante: cc), que non sei eu qué sonará mellor.

Matino ultimamente, nos requisitos básicos que deberían ter os axentes que traballan nun cc. Obviamente, todo depende das necesidades e obxetivos dese centro, pero vou poñer simplemente nunha tesitura ós que teñan a ben contestar esta pregunta:

¿Prefires unha persoa que teña grandes coñecementos do que fala, pero non sexa capaz de expresalos con corrección? ¿Ou que non dispoña da capacidade técnica suficiente, pero se explique e che faga comprender as cousas claaramente?

A pregunta é complicada, pero vou poñer dous exemplos: Un técnico dun proveedor de acceso a internet, axudoume a configurar un router, pero porque eu me defendía e interpretaba o que quería dicir, xa que controlar o tema controlaba pero facerse entender xa era outra cousa.  E por outra banda, unha rapaza de atención ó cliente de outro operador cameloume coa súa retórica, boas palabras  e dialéctica, pero ó final o problema tiven que máis ou menos resolvelo eu pola miña conta. Obviamente hai que mollarse e non valen medias tintas, pero por customer satisfaction, quédome coas softskills do segundo exemplo.







Arquivos: 1 2 3 ... 999999