Jerome Bixby é o autor literario de The man from earth, unha película que está revolucionando(outra?) as redes de intercambio de arquivos e pasando polo boca a boca da xente pola súa simpleza… inversamente proporcional ó seu interese.
Nacida hai máis de 60 anos, da mente deste escritor, guionista entre outras cousas de algún capítulo de Star Trek, non puido conseguir o seu soño de vela nos cines. Pero foi o seu fillo Eric D. Wilkinson quen consegiu ademáis de promocionala, tal e como se fai hoxe en día cos productos curiosos que nunca chegan polos cauces normals ás grandes pantallas, facer que esté en boca de moita xente.
A sinxela distribución pola rede da película fixo todo o traballo duro e así o agradecía o propio Eric:
Am I upset… surprisingly no. Thanks to everyone who has downloaded this torrrent and watched the film, our awareness level is through the roof. For that I say, “THANK YOU”!
What you guys have done here is nothing short of amazing. In the future, I will not complain about file sharing. YOU HAVE HELPED PUT THIS LITTLE MOVIE ON THE MAP!!!! When I make my next picture, I just may upload the movie on the net myself!
A historia en sí é ben sinxela de contar: Un home reune na súa casa ós amigos de universidade, todos expertos na súa materia (bioloxía, antropoloxía,…), para despedirse deles. Declárase un home de cromañón, leva vivo miles de anos e antes de que se estranen pola súa inmutabilidade ó longo do tempo, decide desaparecer. É entón cando os compañeiros, tratan de atopar algo que permita desenmascaralo e saber se está tolo, minte… ou é real!
As caractarísticas desta película de ciencia ficción é a ausencia de multitude de escenarios e os efectos especiais. Só persoas, unha casa e diálogos bos e elaborados. O tipo de características que para min fai grande a películas como Cube: a sinxeleza dos medios para contar unha boa historia.
Realmente, a película como tal, a min non me entusiasmou demasiado cinematograficamente falando. Creo que pode ser un magnífico libro e unha excepcional obra de teatro, pero a simpleza desta rodaxe, fai que se asemelle máis na montaxe a un telefilme de fin de semán que a unha película. Non obstante o mérito está en verdade, como o amigo Crespo me comentaba e que foi quen me falou dela(grazas tío!), na análise da estructura da memoria. Do paso do tempo e da capacidade de lembrar certos feitos e incluso indo máis aló… de qué nos sirve a experiencia e o aprendido… se é que servise para algo.
Deixo o trailer da película por se alguén ten curiosidade e tamén unha crítica… e por suposto é moi sinxela de atopar na rede e merece a pena adicarlle os 87 minutos que dura.