Os fillos únicos sabemos o que somos

61st Xan 2008avidablog, galEgo, Imaxines, Xeral

Pero tamén sabemos o que aparentamos. Fálase de vanidade, de ser caprichoso, do egocentrismo, de ser mimado,… e algún feixe de adxetivos calificativos máis. Pero tamén vestimos outras características estereotipadas, coma a falta de competitividade, a entrega, a xenerosidade ou un maior desenrolo da capacidade inventiva.

E é que a personalidade de cada un faise cunha pequena porcentaxe dun mesmo e bastantes gotas do teu entorno de influencia. Se é porque tes un irmán, este será o motivo polo que te verás marcado o resto da túa vida… e se non os tes, fai por rodearte de bos amigos e deixarte impregnar por eles.

Non dependas do que digan de ti e fai por provocalo.

6 Comments Feed de comentarios

  1. ghanito (1 Xaneiro, 2008, 22:23).

    Espero que desculpe o offtopic do irmán menor de tres para desexarlle que este ano 2008 teña só bos momentos.
    Unha aperta. :em19:

  2. dorfun (1 Xaneiro, 2008, 23:33).

    …os poli-fillos, tamén sodes boas persoas! :em47: …unha aperta tamén para ese trío que se formará pronto no teu fogar!! :em63:

  3. Paco Penas (2 Xaneiro, 2008, 0:49).

    Un amigo pode chegar a ser un bon irmán. Abofé que si.
    Pero a experiencia de ter que repartir o pan tamén é interesante.
    Saúde e bon alimentos para o 2008.

  4. dorfun (2 Xaneiro, 2008, 7:06).

    …disque fun moi mal comedor até chegar ó colexio… será que a compañía alimenta a soidade… :em53: …non che hai mellor cousa que as sobremesas…

  5. Martin Pawley (2 Xaneiro, 2008, 11:45).

    Eu, que son o menor de seis irmáns, tamén veño desexarlle un feliz 2008.

  6. dorfun (2 Xaneiro, 2008, 20:16).

    …boh! …como sodes… :em56: …pódense pedir irmáns en adopción? …como esas pelis de sobremesa de sábado… :em51: …por certo, aproveito para informalo da oferta de telescopios anual do lidl, que xa comentara que é bastante aceptable, este ano 75€ por este modelo: http://www.lidl.es/es/home.nsf/pages/c.o.20080103.p.Telescopio_Bresser.ar3

Add a Comment