Na vida Pac-Man hay trescentas sesenta e cinco, ou sesenta e seis algunhas veces, boliñas blancas que hai que ir comendo unha tras outra. Non hai unha orde prefixada de antemán, pero sí certas pantasmas que tratan de cruzarse no camiño e que hai que evitar por enriba de todo.
Pero entre esas boliñas, tamén de vez en cando hai outras especiais, un pouquiño máis grandes, distintas, que fan cambiar as tornas e as pantasmas que nos asexan normalmente, mudan de cor e escapan espavoridas mentras as perseguimos para tratar de devoralas.
Así se vive normalmente, na vida Pac-Man, que ademáis é un reflexo claro da vida que levamos cada un de nós. Por iso, para o novo recheo de boliñas que comezará mañá, quero darlle outra reviravolta ó asunto.
Quero que enchades as vosas vidas de boliñas grandes, das que fan bulir de medo ás pantasmas e só moi de vez en cando, deixarei como aceptable poder probar unha das pequenas, para sentir o temor do que che podería facer algún mal… pero só iso, non permitirei que malgastedes nin unha soa vida… nin quero que volo permitades vos mesmos.
Porque ademáis, non o comentei antes, pero de vez en cando tamén aparecen algunhas doces cereixas…