A dorfunteca CLI Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Do un ó oito

O benquerido señor Ghanito, enlázame noutra liada, desta vez para falar de oito cousas… pois aí vou:

  1. One, é o nome dunha das 114 vilas en Niphad Taluka, na India. Niphad significa lugar sen montañas. A súa principal producción é a caña de azúcar.
  2. Dous é o número escollido para as rexións Europeas, Sudafricana, Oriente Medio e Xapón de entre as oito posibilidades que existen. Existen ademáis 4 subdivisións segundo se conta ou non o Reino Unido e máis Irlanda.
  3. Tres é o único caracter, que na codificación ASCII ten semellanza con sí mesmo. Codifícase co número 33, usado frecuentemente nas consultas médicas.
  4. Catro é o número atómico do Berilio. Esta é unha sustancia utilizada comunmente na fabricación de twetters para equipos de son e que se deixou de utilizar para os tubos de neon polo seu caracter canceríxeno.
  5. Cinco é utilizado como símbolo neo-nazi, para expresar 5 palabras: “Non teño nada que dicir”, unha frase asinada por Alex Curtis, representando unha especie de código de silencio.
  6. Seis son as cordas dunha guitarra estándar. William R. Cumpiano está considerado un mestre luthier na construcción destes instrumentos.
  7. Sete é un dos compoñentes do título do único libro de Aleksis Kivi, Sete irmáns. Ata esa importante obra, a literatura finesa estaba dominada polos suecos.
  8. Oito considerase un número de fortuna na cultura chinesa. Isto débese á similitude fonética da súa pronunciación, coas palabras prosperidade e riqueza.

…quén se atrevería a seguir con esta argallada… como mínimo Héctor Anllo! :P

Sen comentarios