Para continuar a historia do ano pasado, e como hoxe volve ser o Blog Day 2007, continúo a referenciar blogues que atopo por aí fora… e de novo encontro cousas que podan ser curiosas e/ou interesantes…
En particular, observo que realmente somos de moito máis interese do que nós mesmos cremos… ou do que o noso subconsciente nos autoconvence diariamente sen sentido…
Galician teachers in Limerick é un novo blogue que narra as vivencias dun mestre galego en Limerick, Irlanda… veremos como evolucionan as súas andanzas…
En CB9M chairman’s blog, podemos atopar os correos que o presidente desta comunidade de Manhattan vai recibindo e gardando para amosar publicamente. Entre outras cousas, figura este artigo para o New York Times asinado por Sarah Wildman… cunha referencia a Galiza nestes últimos días…
Talking Taiwanese, o blogue de Johan, recolle unha análise da linguaxe taiwanesa e nesta anotación ademáis, comparandoa coa lingua galega… ainda que non con moito tino Galician and Taiwanese are spoken outside Spain and Taiwan respectively: Galician in Argentina, Taiwanese in Southern China and Singapore… nalgún punto…
Galician Beauty, é quen asina e lle da nome a esta bitácora dunha neta de galegos, que vive en Almería, pero que é inglesa,… uf! …pero que parece amar o noso país…
Iberian Nature, non é un blogue destinado integramente a Galiza, pero ten unha sección para amosar os nosos encantos naturais e paisaxísticos, para os falantes de lingua inglesa. Unha boa guía de referencia…
E como bonus track, quería engadir esta anotación que fala da xenética dos galegos, dende My Secret Stash, e di de nós: These findings suggest that the population of Galicia is the result of a relatively balanced mixture of European populations or of the ancestral populations that gave rise to them. This would support the importance of the migratory movements that have taken place in Europe over the course of recent human history and their effects on the European genetic landscape.
…algunha suxerencia…