A dorfunteca CLI Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

The Secret of Rhonda Byrne

Rhonda ByrneRhonda Byrne é unha productora e escritora de televisión australiana.

No ano 2006, debeu ter unha revelación e farta de andar perdendo o tempo, decidiu dar o pelotazo e forrarse. O desencadeante, parece ser que foi o libro A ciencia de enriquecerse, dun tal Wallace D. Wattles que pasou os seus últimos anos rodeado da riqueza que non tivera antes.

O mellor xeito era aproveitar o entorno que xa coñecía: o da televisión e o do infortunio. Así que botou man de nomes, apelidos e títulos e desenrolou a súa teoría O Segredo, que recolle técnicas de marketing, relixión, filosofía, coaching, citas célebres… e moito de terapia de autoaxuda.

O resultado é un éxito de vendas en dvds e libros, que supera incluso a Harry Potter. Probablemente a Rhonda lle mellorase a vida e tal vez algúns dos que vexan ou lean o segredo, decidan dar un cambio na súa. En xeral a visión positiva e activa de cara á vida non é nada innovadora… pero misturar isto con resultados materiais… non sei eu…

…podedes ler algo máis dela, por se vos interesa…

Sen comentarios