Os 10 principios básicos da lectura de sementes
dorfun • 17th Xul 2007 • , Ceros e Uns, Ciberlingua, eSementes, galEgo, tomonota, Xeral
- Elimina todas as fontes que teñan máis de 24 horas. Se non as liches antes, non perdas o tempo intentando poñerte ó día e vai directamente ás de hoxe… ou tamén les os xornais da semán pasada por se te perdiches algo?
- Escolle un máximo de 100 fontes para ler. Este xa é un número moi grande pero a medida que medra, resulta inmanexable tanta información… e non debemos saturarnos.
- De ser posible fai uso de planetas, agregadores, resumarizadores,… que conxugen varias fontes distinas e que se actualicen pouco, nunha soa. É moito máis eficiente ler unha fonte común que aune varias, que non ir visitando unha a unha.
- Selecciona unha ferramenta de lectura cómoda e que cubra as túas necesidades (favoritos, envíos por email, sincronización…). En ocasións necesitarás lembrar certas novas e o feito de poder marcalas ou envialas por email é moi productivo. Do mesmo xeito, poder sincronizar no traballo, na casa, no móbil, no pc, no portátil,… evitará redundancias e optimizará o tempo.
- Utiliza un cartafol temporal para as novas fontes que che interesen. Moitas veces esa fonte non será tan interesante como che pareceu ó principio e así poderás controlala mellor. Dalle simplemente un par de semáns de proba e eliminaa se non houbo nada de interese nese tempo.
- Fai unha copia de seguridade das túas fontes de información. Utiliza os exportadores de OPML para gardar e poder así probar outros lectores de sementes, antes de decidirte polo definitivo.
- Vixía as páxinas que visitas en busca da famosa icona laranxa. En ocasións, se non hai unha ligazón visible, a barra de enderezos de firefox axuda a identificar unha web con contido sindicado. No peor dos casos, sempre poderás utilizar alternativas como Yahoo! Pipes, Microsoft Popfly, Google Mashup, Macro.scopia,… para xenerar as túas propias fontes.
- Utiliza sementes RSS non só para obter información de páxinas web. Tamén os correos, os foros, os twitteres, os bittorrent, os paquetes de UPS,… poden ser sindicados.
- Aproveita para incluir información na túa propia páxina. Ferramentas como feevy, por exemplo, facilitan a inclusión de información de outras webs na túa, e ademáis pode servirche de rápido lector… porqué non?
- Non te obsesiones coa lectura de sementes. Dedica un tempo pechado ó final do día, por exemplo, ou uns minutos en varios bloques durante a xornada… pero evita estar cada 5 minutos revisando se hai nova información… porque fai 5 anos vivias perfectamente sen estas historias…
Quédome con eles
pero xa é difícil seguir algún deles
…tiñan que ser consellos en lugar de principios… :em46: …e pode que sexan complicados de seguir algúns deles, pero mellorará o teu rendemento e producción… :em53: …bueno, a min polo menos funcioname! :em50:
“porque fai 5 anos vivias perfectamente sen estas historias…”
a non esquencer.
grande resumo
…incluso creo que é extrapolable a calquera acción que se faga hoxe en día… :em53: …incluso sentenciaría “se dedicas máis do 15% do teu “lecer” diario a algo que non facías fai 5 anos… replantexa a qué adicas o teu tempo de lecer!” :em37:
#4 ¿terei algún problema? :em27:
Imposibel seguir todos estes consellos. Nomeadamente o de borrar as fontes con mais de 24 horas.
Eu releía (cando as mercaba) as revistas atrasadas ainda que non releía os xornais. Supoño que dependerá do tipo de semente , non é?
…a ver… estas son ocorrencias máis ou menos razoables pero bastante opinables e sobre todo moi discutibles… :em57: …tamén eu leo revistas vellas, pero tomei unha decisión: na miña casa non quero revistas (que traten temas de actualidade) que teñan máis de 2 meses… e ás que non son de actualidade un ano ou que dé pena velas… o que ocurra antes… :em37: