Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

asubíos do 2007-07-03
Redondeando o cadrado

William Edward Deming é un descoñecido máis, que habitou no século pasado e que sendo fillo dun loitador da WWF chegou a establecer varios pasos para a mellora continua da calidade, despois viría o Plan Do Check Act.

Masaaki  Imai é un xapones que mentras o anterior visitaba a illa oriental, nos anos 50, viaxaba ós Estados Unidos para depurar e mellorar o seu método Kaizen, de optimización e rearme dos procesos productivos.

Tanto o PDCA (ou círculo de Deming) como o sistema Kaizen, buscan o mesmo… pero por distintos camiños.

Mellorar, optimizar, evolucionar,… é o santo grial das empresas de todo o mundo. Métodos hai centos, demasiados incluso. Teorías claras, sinxelas e simples, pero complicadas de levar á práctica hai outras tantas. Pero na realidade final e nos listados de resultados sobre a mesa as cousas son moito máis complicadas.

Incluso na vida real, o que se coñece como calidade de vida é tan abstracto e complexo… e ademáis non temos cartel de Instert Coin

Papiroflexia de Joaquín Baldwin
YouTube Preview Image

…máis na súa casa