Ser xornalista en internet.
Vou facer amigos. Descoñezo o traballo completo que debe facer un xornalista que se adica a informar na rede, pero dende logo, debería ser un pouco máis coidadoso.
En castelán existen dúas palabras periodista e jornalero, que en galego semellan moi parecidas etimoloxicamente, xornalista e xornaleiro, pero que pese a distar o mesmo semánticamente nas dúas linguas, na segunda parece moito menos evidente.
Así rezaba esta tarde o meu lector de novas:
A primeira vista, as novas sobre Paris Hilton parecíanme moi semellantes, e efectivamente:
Un perfecto copia e pega da axencia EFE. Co cal, empecei a pensar varias cousas… se non será mellor que a axencia EFE sindique as súas novas e evitamos intermediarios, se o traballo de calcado estará ben remunerado, se é suficiente con reflexar as novas ou os xornalistas deberían contrastar e cambiar o punto de vista, se debo limitarme a un dos dous xornais (ou ningún) porque total din o mesmo…
E a máis esperanzadora… que os fíos entre A Coruña e Vigo son máis fortes e están máis unidos que nunca!



La Opinión e o Faro de Vigo son do mesmo grupo editorial e comparten a actualización das súas edicións en liña.
…entón porqué non facer un portal común e deixarse de lerias… co bonito que sería La Opinión de Vigo… :em50:
Mellor o Faro Opinable
de mares, portos e portas » blog » tunequeue (27 Xuño, 2007, 13:31).
[...] a dorfun pola suxerencia dun hack que fixera i/o con eles de forma automatica -moi bo o xogo xornalista/xornaleiro, por certo). Queda por investigar o emprego de festival para a sintese de voz, porque (para que [...]
…que grande! :em55: