…non vai sen tempo
Despois de varios meses de parón e sen atopar un oco para dar por finalizada a traducción de WP 2.2, sorpréndeme o correo de Tagen Ata, unha cooperativa coa que tiven a sorte de traballar no Verán Máis Alá no concello de Fene hai uns anos e que non deixaron de bulir nestes anos con novos proxectos e actividades. De feito, o correo é para avisarme de que traduciran a última versión do xestor de blogues, WordPress! así que só había que subilo ó sitio correcto.
Así que de xeito oficioso, xa están dispoñibles os arquivos de traducción de WordPress 2.2 ó galego no repositorio oficial. Agardando calquera corrección ou mensaxe que queirades enviar sobre esta adaptación a wpgalego(en)adorfunteca.org
Mil grazas a todos os de Tagen Ata, que colaboraron no traballo. Grazas Xabier!!!



Perfecto, gracias a todos.
…incluidos os usuarios e probadores… coma ti!… :em50: