Este venres día 15 de Xuño, Marful ofrece un concerto no Teatro Jofre de Ferrol, e eu que xa mercara a entrada, finalmente non poderei ir
Así que como non podo cancelala e tampouco hai que desperdiciar nada, póñoa á vosa disposición: O que queira UNHA entrada para o concerto de Marful TOTALMENTE GRATIS, só ten que deixar un comentario nesta bitácora. Tratarei de facerlla chegar en man se é de aquí de Ferrol ou tamén podería ser na Coruña.
Se finalmente hai máis dun ou dunha solicitante, farei un sorteo… salvo que a alguén se lle ocorra un mecanismo mellor.