Hai moitas cousas que non entendo do mundo empresarial. Non me viría mal facer algún tipo de aprendizaxe nese mundiño… algún día destes.
Unha delas é o feito de compartir ideas. Na voráxine altamente competitiva na que vivimos, da a sensación de que se tes unha boa idea, non debes compartila con ninguén ou en promocionala e facela túa para dar respaldo ó teu bo facer. E non o entendo. Se vivimos nunha sociedade e somos individualmente aportadores de coñecemento, porqué non ofrecer todo o posible para o desenrolo común.
De feito, teño a sensación de que hai milleiros de boas ideas producíndose a cada paso, e polo simple feito de non comunicalas, no mellor dos casos reaparecerán de novo na mente doutro contribuinte… pero no peor, morrerán no saco do desaproveitamento.
En ocasións incluso, a idea será desbotada polo simple feito de que un non ten a capacidade, mecanismos ou visión de poder levala a cabo, pero entón… porqué non ofrecela ó mundo e tratar de que se produzan esas sinerxias que despois beneficien a todos. Deslígate dos convencionalismos.
Houbo un tempo no que se fixera un portal, seMente, para dar cabida a todas estas cousas… pero lamentablemente quedou en nada…
O conto ó que ía agora e que penso que podería ser interesante, así que quen poida, queira ou teña capacidade, medios e coñecementos que o faga, é convertir todas esas páxinas que están a ofrecer contidos diariamente nunha emisora de radio.
En moitas ocasións, os que gustamos de estar ó tanto das conversas que circulan pola rede, ocupamos parte do noso tempo lendo información, cando resultaría moito máis sinxelo escoitar esas novas.
Existen xa na rede moitas ferramentas para convertir fontes RSS en audio, pero lamentablemente están pensadas para os falantes anglosaxóns e non para outras linguas.
Nós temos cada un deses puntos por separado. Temos xa multitude de canles de datos na rede que transmiten o seu contido por RSS. Temos tamén a posibilidade de facer os nosos podcast, pero seguiriamos a ter que elaborar o proceso de xeito artesanal, cando dispoñemos dunha moi boa aplicación que convirte texto en audio e en galego, Cotovía. Así que, porqué non xuntar as dúas cousas.
¿Cantos de vos quererían poder escoitar as novas de vieiros mentras traballan? ¿ou ir coñezendo o que se move no blogmillo de viva voz?
(Un artigo interesante http://www.rssgov.com/archives/000139.html a posteriori)