Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Estamos neses días

O verán é unha época para relacionarse. E non só no sentido tradicional senón tamén nesa socialización virtual que se está a producir nestes últimos anos.

International Blogger Day

En un par de semáns temos o día internacional do blogueiro… que probablemente será o que englobe a todos os demáis.

Blog Day

O Blog Day, é moito máis friqui… porque escoller un día porque a codificación numérica das letras se aproxime á palabra 3l08, xa me diredes…

Blog Bash 07

A xuntanza Neoiorquina é moito máis selecta e sibarita… e tendo en conta ademáis que ten un custo apreciable, o New York Blog Bash 07, pode ser un pouco elitista de máis…

Non bloggers day

Non está mal tampouco ter un día para os Non-blogueiros, para evitar o embiguismo extremo e dar forma a todas esas persoas que teñen vidas banais, superfluas e anodinas… :P …mañá cumplen un aniño.

Black Weblogs Awards

Pero o  que máis ilusión me fai, é que fai uns días foi día blogueiro dos Queniatas. Vivimos moi de espaldas do resto do mundo, en blogs nin che conto… e africanos… para qué falar…

E para predicar co exemplo, quero que escoitedes a historia A tale of two children’s homes, un podcast feito para ese día… e que arrecende a liberdade…