Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

I Concurso de Microrrelatos LemosGalego

Anunciano nos chíos do Twitter e nas anotacións da súa bitácora, LemosGalego organiza un concurso de microrrelatos. ¿As bases? Estas:

1.- Para concursar é preciso estar rexistrado no twitter cun nome que comece por “lg_” e engadir o usuario lg_lemosgalego como amigo.

2.- Cada persoa pode participar con cantos relatos desexe. Estes non deberán superar os 140 caracteres dun chío e irán entre aspas “…”

3.- O relato gañador será escollido polos membros de LEMOSGALEGO que queiran participar na votación. Cada membro emitirá un só voto.

4.- Os votos enviaranse como mensaxes directas ao usuario lg_lemosgalego.

5.- O prazo de presentación de orixinais rematará o día 16 de maio de 2007 ás doce da noite.

6.- O período de votación será até as doce da noite do día 17 de maio de 2007.

7.- Na hora seguinte daráse a coñecer o relato gañador do concurso.

8.- O premio consistirá nun reprodutor de DVDs xenerosamente doado pola librería Azeta.

9.- No caso de recibir máis dun voto procedentes dun mesmo usuario só será tido en conta o que tivese chegado en primeiro lugar.

…un fantástico xeito de compartir literatura e sacar partido destas novas ferramentas que aparecen pola rede.

E como están que non paran, ademáis proponse unha nova xantanza para o blogmillo, onde están incluidos tamén os máis pequenos. APUNTÁDEVOS PELACHOS!