Anunciano nos chíos do Twitter e nas anotacións da súa bitácora, LemosGalego organiza un concurso de microrrelatos. ¿As bases? Estas:
1.- Para concursar é preciso estar rexistrado no twitter cun nome que comece por “lg_” e engadir o usuario lg_lemosgalego como amigo.
2.- Cada persoa pode participar con cantos relatos desexe. Estes non deberán superar os 140 caracteres dun chío e irán entre aspas “…”
3.- O relato gañador será escollido polos membros de LEMOSGALEGO que queiran participar na votación. Cada membro emitirá un só voto.
4.- Os votos enviaranse como mensaxes directas ao usuario lg_lemosgalego.
5.- O prazo de presentación de orixinais rematará o día 16 de maio de 2007 ás doce da noite.
6.- O período de votación será até as doce da noite do día 17 de maio de 2007.
7.- Na hora seguinte daráse a coñecer o relato gañador do concurso.
8.- O premio consistirá nun reprodutor de DVDs xenerosamente doado pola librería Azeta.
9.- No caso de recibir máis dun voto procedentes dun mesmo usuario só será tido en conta o que tivese chegado en primeiro lugar.
…un fantástico xeito de compartir literatura e sacar partido destas novas ferramentas que aparecen pola rede.
E como están que non paran, ademáis proponse unha nova xantanza para o blogmillo, onde están incluidos tamén os máis pequenos. APUNTÁDEVOS PELACHOS!

Así rezaba a pancarta que me agardaba en Braelle, onde este fin de semán pensaba celebrar unha churrascada polo meu cumpleanos. E que conste que a que verdadeiramente cumplía anos era Patri.
Pois eu pensaba que tiña uns amigos sinceiros e serios… e mentras creía que ó final ía ser unha pequena comida en petit comité, xa que moitos deles non poderían vir, ó final enganaranme e prepararanme esta benvida sen que eu sospeitara nada (en serio!).
…eu son un paspán por caer… e eles son OS MELLORES DO MUNDO!!!