A dorfunteca CLI Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Nós somos letras

Nós somos letrasSe en algún momento o blogmillo mantivo algún tipo de feito diferencial, foi en parte o uso dunha mesma lingua. A intención de manter un xeito de expresión textual nas nosas bitácoras, de exposición, exibicionismo ou excentricidade incluso, máis ou menos común a todos nós, fixo que en ocasións nos sentiramos moi preto, sen coñecernos, pero ainda así con certas inquedanzas semellantes entre todos nós.

Agora o blogmillo (afortunadamente!) é moito máis grande e inmanexable salvo na interacción en pequenos grupos. Pero seguimos aí, con ganas de contar cousas, de divertirnos, de informar, de entreter,… Por iso quixera retomar esa idea de relación de cara ó vindeiro día das letras ás que en algunha que outra medida, algo aportamos.

Hai uns anos fixeramos o Bloga, Bloga, Mariñeiro (ainda que sen móito éxito… a ver se igual o retomamos un día destes…) no que a idea era compartir unha historia na que cada un aportaba un pouco máis. A idea agora deste Nós somos letras é semellante. Acompañando a esta anotación hai unha imaxe con un texto. Agora só tes que descargala no teu equipo engadir outra palabra, frase, letra,… algo que che apeteza contar, coa cor, tamaño, tipo de letra, etc. que queiras e deixar a túa impronta. Para manter unha pouca de orde, o mellor sería deixar un comentario sinalando a bitácora onde vas colgar a imaxe modificada por tí e así sucesivamente o seguinte deixará unha comentario na túa bitácora, para modificar de novo a imaxe e…

…ó mellor, para dentro de 7 días, temos un fermoso fondo de escritorio para todos nós!

En calquera caso, sintome feliz por compartir estos caracteres electrónicos con todos vós.

P.D. Ollo, o formato jpg, normalmente vai acumulando perdas, podes cambiarllo a calquera outro coñecido se queres (ou escoller calidade 100% cando o gardes)