Cando vin este R2-D2 en ThinkGeek, souben que non me podería resistir. Ó final a coña saiu un pouco cara de máis, pero R2-D2 é a mellor personaxe da Guerra das Galaxias… sen discusión! E merece o esforzo.
Esta é unha réplica robotizada, que usa unha espada laser para moverse. XD Só vai de frente ou xira á dereita, e o son ven do propio mando en lugar do robot. Podería dar moitas máis explicacións pero o aparato é de orixe oriental e non entendo papa das instruccións.
…tamén viñeron unhas bolas de mono cantantes…
…tan suaviñas e desestresantes… ![]()