Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

FerroL@N Party, día 3

Disco duro suicidaEsta era a miña primeira experiencia como asistente a unha Party. E tampouco foi de cheo, porque durmía e comía na casa… pero non estivo mal de todo.

Fai uns anos coincidira coa Campus Party, estando de vacacións por Valencia. O ano pasado, tamén estivera pola Xuventude Galiza Net, convidado no Extrarradio para friquear un pouco :D con berto e ascárida. E fai uns meses, paseime un rato pola CambRed. E cada unha, na súa medida, daban mostras de diversión e cachondeo, cando menos a curto prazo.

A experiencia na Ferrol@n Party, foi ambigua. Por unha parte, a organización tiña todo ben preparado e as cousas funcionaban aceptablemente ben en todo momento. A participación foi escasa, creo que en ningún momento houbo máis de 100 persoas máis ou menos, pero na meirande parte do tempo rondábanse as 50. A xente compartía bastantes cousas chegando a cifras de 2 Terabytes (!) e serviume para coñecer o Direct Connect, un programiña que finalmente me resultou bastante cómodo de usar. E os complementos, tales como charlas, concursos, zona xbox,… tiveron os seus atractivos.

Pero o que eu máis botei de menos é o factor socializador deste tipo de eventos. Entendo que cada un vai ó seu e pode estar 10 horas xogando sen parar ou rastrexando arquivos para descargar… pero eu cando mellor o pasei foi xogando unha partida ó futbol real ou un tute cunha baralla de Caixa Nova (as míticas de Soberano e do Banco Pastor, xa non están para moitos trotes)

En resumo. Coñecín a algunha xente, sobre todo da organización, paseino ben xogando e aprendendo cousas (o da gentoo case foi un master!) e algunha cousa levei para a casa (os videos de Rasca y Pica e as obras de Dali, o mellor!) Tamén gañei o concurso de fotografía, supoño que por ser o único participante. A intención era mandar unha foto como a desta anotación, pero non me convenceu… :)

Instalando a gentoo

Despois de varios problemiñas, como o feito de que a Ubuntu 7.04 Feisty Fawn non trae chroot, ou que non houbese ningún outro livecd para x64 (!)… finalmente a Gentoo arrincou á primeira! :D

YouTube Preview Image

…nun Dell E520 cun Intel Core 2 Duo… :o