Aprender a escribir… de novo

Libreta de RubioCreo que debería ensinarse mecanografía nas escolas.

É unha das cousas que máis me amargou facer no seu tempo, e que agora agradezo infinitamente. E iso que a pobriña está aparcada, pero non é o con qué se non o como.

Igual que nalgún tempo, as libretas de Rubio nos acompañaron día tras día, para uniformizar a nosa escrita (algo que afortunadamente non conseguiron), estamos nun momento no que a escrita a man debe estar acompañada da escrita a máquina. Open Office WriterPara ben ou para mal as libretas de aramio están próximas a convertirse en lcds, e tal vez os lapiceiros se transformen en punteiros, pero os teclados xa están aquí.

Porqué non aproveitar os recursos que temos ó noso alcance, para conseguir escritores habilidosos e eficientes … igual hai que ir pensando que a vella libreta, agora ten botóns e animacións de cores…