Bule bule do polEtiqueo galego.
Como en Chuza! nada para e todo flue, como dicÃa o vello Heráclito, acaba de poñerse na wiki, o listado de bitácoras de polÃticos galegos, para as vindeiras eleccións.
Aproveitando ese traballo, adaptei unha páxina, para que todos os interesados podan facer un seguimento en tempo real, das andainas destes persoeiros. Podedes atopala aquÃ:
http://enblogamia.adorfunteca.org/polEtica/Â
E obviamente, tamén se pode resindicar nesta ligazón.
Se alguén bota algunha en falla ou hai algún erro, que avise. Pola miña parte só sinalar que o sistema de sindicación do Bloque, está mal en xeral, e case todos os seus blogues ligan a onde non é (xa están avisados, asà que a ver se reaccionan) E por outra banda, lamento moito que unha gran parte dos candidatos teñan que recurrir a sistemas de bitácoras de fora coma Blogger, por exemplo.
Sobre o que escriben nas bitácoras… mellor reservo a miña opinión…





No Comments Feed de comentarios
Add a Comment