Por tódolos frentes

023rd Abr 2007, , Ceros e Uns, Ciberlingua, galEgo, tomonota, Xeral, , , , , , , , , ,

En capítulos simultáneos

  • Esbardallo coa Palm TX, meténdolle uns GNU/Linux, moi betas, pero que van andando (http://hackndev.com/palm/tx). un navegador que promete (http://www.wapuniverse.com/) e un escritorio revolucionario (http://www.pdaperformance.com/products/saguaro/)
  • Peléxome co Powerbook G4, poñendo ó meu gusto o MacOSX e instalando unha Debian (tras descartar OpenSuse e Gentoo) Tras o susto de xogar coas particións (creo que a mellor opción é usar o particionador dende o live cd de Ubuntu 6.10 que redimensiona que da gusto) o problema da wireless desaparece tras un par de minutos (está http://www.glug.es/Airport ainda que penso que non foi preciso) En calquera caso o peor foi o problema inicial coas X, que non cargan na nvidia 5200, salvo que comentes a opción UseFBDev no xorg.conf
  • E discuto co pc de sobremesa, que non quería pasar á 7.04 por un lío co paquete tzdata, e que se solventa cambiando de lugar os repositorios. Queda para mañá desmontar o entuerto co beryl.

Agora só queda facer que se entendan os tres, que se fagan amigos e que compartan as súas cousas e todo iso… Probablemente escolla unha solución coma a de Opaco (http://www.opaco.org/2007/04/08/disco-remoto-co-mac-en-dreamhost/)

…pero acéptanse suxerencias…

No Comments Feed de comentarios

Add a Comment