Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Unindo os puntos entre Dell e Canonical

Dell, até fai ben pouco era o fabricante de ordenadores que máis computadoras vendía no mundo. Agora está no segundo posto detras de HP, pero para o caso é o mesmo. Nos últimos meses a compañía estase a volcar nos seus clientes e cando abriron a posibilidade de poder pedirlles algo directamente, a resposta foi unánime: Os clientes de Dell queren GNU/Linux.

O reposto CEO de Dell é o propio fundador Michael Dell, que no seu portátil usa Ubuntu7.04 (Festy Fawn).

Canonical é empresa que creou a distribución de GNU/Linux Ubuntu, e que entre os seus servizos está ofertar soporte profesional de alta calidade para os seus productos. Ubuntu, á súa vez é a distribución número 1 do planeta, segundo o listado de popularidade de distribucións de Distrowatch.

Mark Shuttleworth é o fundador de Canonical e pese a que só se atopou unha vez con Michael Dell nun evento de Microsoft (sic), ten as ideas bastante claras sobre as posibles relacións que puidera ter co fabricante de ordenadores.

Unha joint venture, é unha unión entre persoas ou normalmente empresas, que chegan a un acordo comercial común, para a realización dun negocio conxunto.

Un exemplo, podería ser o da operadora aerea alemana Contact Air, que escolleu os Dell Latitude D420 con Ubuntu para os seus pilotos, tendo como base a importancia crítica dos seus datos.

…pero ainda que a cousa non sexa tan sinxela, se queredes agardamos a que o conte o señor Dans