Lingua bloguetaria do meu pobo.
Estes días pensaba en algo que removese ese blogmillo tan morto (sic).
O mundo dos blogues galegos, en galego, da galiza,… bueno, iso que se deu en chamar a enblogamia do blogmillo, medrou nos últimos tempos unha barbaridade, e probablemente xa teña pouco sentido tratar de ter un control ou facer un seguimento do mesmo, porque todos xa temos unha pequena conciencia de saber que estamos aí.
Ainda así non estaría mal que se notase un pouco máis que ademáis de estar, tamén nos movemos, que sabemos quenes somos… e que se queremos estar mortos estamos, e se non non. Que temos lazos de unión e que por enriba de todo, facemos o que nos gusta facer.
Pensaba entón, en programar un día e que todas as bitácoras galegas puxesen unha anotación común. É dicir, consensuar un texto, unha imaxe, un video,… e por un día, que todo o blogmillo dixera o mesmo. Un berro universal que sacudise a blogosfera. Seriamos quen de facernos notar o suficiente?
Por exemplo, e se o 17 de maio todos temos un cartel que poña “…lingua bloguetaria do meu pobo…”? Ou o 25 de xullo, sacamos un video noso escribindo un texto? Ou a alguén se lle ocorre algunha outra acción?
…vale, voume para a cama… pero… non estaría ben facer algo así? …sacudamos esto un pouco!!!



conta comigo se argallas algo finalmente
Paréceme unha boa iniciativa, a Selva de Esmelle participará sempre e cando non requira medios técnicos avanzados
Apocalipse do porco » Dorfunteca non sei cantos punto non sei qué (21 Abril, 2007, 20:17).
[...] E mais recentemente ainda ca lingua bloguetaria do meu pobo. [...]
…ei!!! …isto é cousa de todos!!! …eu puxen un par de exemplos, pero a cousa está COMPLETAMENTE ABERTA a calquera idea… temos tempo a ir pensando en algo…
vou tentar facer un logo ou algo para o dia que dias..a ver se teño tempo, boa iniciativa
…pois moitas grazas!!! …a ver se a cousa ó final promete…