Reencontros.

Estos últimos días, levei dúas sorpresas que levaba agardando dende fai tempo.

Por unha parte, o precio especial polo 25 aniversario de Taschen, para a edición de luxo de www HR Giger com. Unha delicia con centos de ilustracións e textos do coñecido creador de Alien… ainda que o resultado final non coincidise exactamente co desexo inicial do artista. Ter nas mans a coidada edición á que nos teñen acostumados os de Taschen, con 240 páxinas de relucintes imaxes por só 9.99¤ é un soño feito realidade.

Pero ainda máis agardada, era a reedición do pack especial en DVD de A viaxe de Chihiro e A tumba dos vagalumes (Deluxe Studio Ghibli) Non direi moito da primeira, xa coñecida por gañar un oscar a película de animación e medio oso de ouro compartido con Bloody Sunday no 2002 (como se non houbese valor para darllo a ela soa!) E da segunda, so me gustaría obligar a todo ó mundo (e cando digo obligar e todo o mundo, quero dicir exactamente iso) ó visionado desa fermosa película.

Hai veces que as películas de animación, presuntamente para rapaces e precisamente por ese mesmo motivo, son obviadas polo resto das idades, cando non hai peor cousa que sentar prexuizos das cousas que non se coñecen. O outro día disfrutaba de As trillizas de Belleville, por unha recomendación de Martin e o feito de sentir a inocencia e a honestidade inundando a miña vida alegroume o resto do día.

…dádelles unha oportunidade…