Filip J. Rymsza era un perfecto descoñecido para min, ata que fai ben pouco lle merquei un portátil.
Pero resulta que este polaco afincado nos Estados Unidos, é director de cine independiente. E ademáis é productor e escritor das súas propias películas. De momento a súa filmografía está composta por Sandcastles, Dustclouds e proximamente Accidentally on purpose. Pero foi tamén o director da segunda unidade da provocativa El pianista.
Como me picaba a curiosidade botei man do maestro Pawley, que tamén descoñecía da existencia do tal Filip, pero en seguida empezou a sacar conclusións interesantes: m31 films, a súa productora, toma o nome da galaxia de Andrómeda segundo a nomenclatura de Messier… e entón xa os dous caimos nas redes da intriga por saber máis deste home.
Ainda non hai distribución oficial en soporte comercial de ningunha das súas películas, pero se alguén ten máis datos sobre estas ou sobre o tipo en cuestión, que comente. Pola miña banda, xa lle pedín unha copia cando esté dispoñible (Sandcastles este verán)… así que xa contarei…