Facebook Blog delicious Flickr Google Reader Gmail/Google Talk Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes Plurk Pownce SlideShare Tumblr Twitter YouTube

Traballar en vertical

TFT 90ºLevo uns meses traballando co monitor en posición vertical, é dicir, en lugar da colocación normal para un monitor tft de peana… está virado noventa grados.

Nun primeiro momento, a situación resulta estrana e relativamente incómoda, pero co paso dos días un ten a sensación de estar aproveitando mellor os recursos.

No meu traballo diario, o que máis fago é ler e escribir diante dun ordenador, polo que estar cómodo e moverse dun xeito eficiente e natural é algo que valoro moito.

Cando un despois pensa que o papel de toda a vida, sempre estivo na posición vertical, coma a que agora ten a miña pantaia… comprende porqué encaixan tan ben as cousas.

…e ti porqué non lle das un pequeno xiro á túa vida?

Facebook Blog delicious Flickr Google Reader Gmail/Google Talk Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes Plurk Pownce SlideShare Tumblr Twitter YouTube