…e ti, eres enBlogámico?

112th Abr 2007Ceros e Uns, , , , ,

Estes días deume a tolemia de andar a xogar con mil cousas (o do tema friqui desta bitácora, incluido) Así que sen o consentemento de ningún dos citados, púxenme a facer unha especie de Planeta Blogmillo ou enBlogamia.

Non pretende suplir ó magnífico e completista listado da blogaliza, senón un sitio que me resulte cómodo para ler as bitácoras que acostumo a visitar máis a miudo… e que sexa un pouco máis pequeno e manexable.

Andiven engadindo os sitios a man, así que igual non está o teu… pero entón avisa!!!

…e se che sirve para estar máis ó tanto do que falan os que están ó teu redor, mellor que mellor!

Por certo, que a sementeira sigue aberta, para estar ó día das novidades do pais.

1 Comment Feed de comentarios

  1. Apocalipse do porco » Dorfunteca non sei cantos punto non sei qué (21 Abril, 2007, 18:06).

    [...] sempre (desde o pouco tempo que eu o coñezo) tendendo pontes dentro do blogomillo, ca súa escolma Blogamia por exemplo, pequeno resumo da visión total que se pode atopar na Blogaliza ou en [...]

Add a Comment